Saltar

Como aproveitar os laterais dos armarios de cociña

Tes unha cociña pequena ou simplemente fáltache sitio para almacenar cousas? Os laterais dos armarios de cociña poden ser a solución perfecta para conseguir máis espazo. Sigue lendo e descubre eses recunchos que valen ouro!

Todas as cociñas teñen cousas en común: armarios, mesados, vertedoiro... e unha morea de pequenos recunchos cos que non sabes que facer,, verdade? Non te preocupes! Neste artigo imos desvelarche algúns dos mellores segredos para aproveitar estes recunchos, concretamente, os laterais dos armarios e caixóns de cociña. Si, si! Tal como o les. Imos aló! 

Para un recuncho de lavandería

 

Resulta de gran axuda, sobre todo se a lavadora e secadora están na cociña. Ademais, moitas casas non dispoñen dun cuarto especial para a coada, polo que esta solución é marabillosa para ter todos eses obxectos en orde e nun mesmo sitio. Hai espazo para tender a roupa, cestos para as cousas de pasar o ferro e para os xabóns, bolsas de tea para gardar as pezas de roupa que haxa que lavar á man e ata un oco para a táboa de pasar o ferro.  

Como o fixemos? Sinxelamente, utilizamos unhas guías de suspensión nas que colocamos uns cestos de reixa e uns ganchos para colgar os obxectos. Para os cestos pequenos, que levan menos peso, serviunos cun simple gancho con ventosa, co que evitamos facer buratos. 

Tamén, moitos destes obxectos pódense poñer con cinta de dobre cara especial para colgar cousas. 

Para cociñar comodamente 

 

Sempre temos os típicos obxectos pequenos que andan dun lado para outro do mesado ou ocupan un valioso espazo nos caixóns. Pois ben, que tal se lles creamos dunha vez unha zona especial?  

Chamámola "caixa de ferramentas do cociñeiro" e grazas a ela temos os elementos esenciais para cociñar mesmo a carón do mesado. Fixemos un estante para especias e aceite a partir de… un estante para cadros!

Xusto debaixo, puxemos unha guía para colgar ferramentas como unhas tesoiras ou unha táboa pequenaUn soporte para a tableta (enganchado nesa mesma guía que instalamos) tamén é unha boa idea para seguir as receitas ao pé da letra. E para as herbas aromáticas, papel de aluminio ou as bolsas de plásticonada como unhas barras de cortina finas. Que che parece? 

Para as tarefas da casa 

 

Cunha estrutura coma esta poderás organizar todas esas cousas que seguro que tes pola casa (xa sabes, os trastes que van para o caixón sen orde ningunha) e todas as tarefas que debes facer durante a semana 

Neste exemplo utilizamos un revisteiro para colocar eses documentos ou facturas que non queremos perder de vistae para os diminutos obxectos que acaban esparexidos por aí, como as pinzas para bolsas, viñéronnos xenial estes tarros magnéticos. Neles podemos gardar cousas e colgar o último tícket de compra. Por último, os obxectos de maior volume van nun cesto con ventosa, que poderemos descolgar ou regular cando queiramos. Así teremos todo organizado. 

Ah! Non esquezas deixar un pequeno oco para colgar o menú semanal ou as tarefas de cada membro da familia. 

Para cando hai peques na cociña 

 

O centro de actividades serve para que os nenos se entreteñan mentres cociñasÉ unha maneira perfecta de telos controlados sen risco de que se acheguen demasiado aos fogóns. As pinturas e os xoguetes manteranos entretidos mentres ti cociñas con total tranquilidadeCon tal fin, colocamos dous estantes para especias nos que se poden poñer de xeito seguro a tableta ou un caderno. Para os lapis de cores e rotuladores, volvemos utilizar un práctico recipiente con ventosa. Engadimos un colgadoiro para poñer os cascos e, como toque final, uns coxíns brandiños para que se sintan ben a gusto. 

Se necesitas máis espazo na cociña, non perdas estes artigos: 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.