Saltar

Fika: goza a hora do café como o fan os suecos

Cando chega o frío, poucas cousas nos apetecen máis que pasar un anaco distendido, sós ou acompañados, tomando un café quentiño e algo doce que o acompañe, verdade? Este momento, xa sexa na casa ou no traballo, alédanos o día dun xeito tan sinxelo que parece mentira. A esta pausa diaria que a priori non ten importancia, pero que é tan especial, chámaselle "fika" en sueco. Queres coñecer todo o que implica este momento en Suecia? Adopta a tradición sueca da «fika» este inverno e toma o teu tempo para gozar da boa compañía e un excelente café.

Tomar unha fika a diario é practicamente unha institución nacional en Suecia. Chamada "pausa para café e pastel", fika é un tempo breve a media mañá ou pola tarde para tomalo pola túa conta, con amigos ou con compañeiros de traballo.
 
Ademais, o boliño para acompañar o café sempre adoita ser o mesmo: o roliño de canela. Fíxate como é de importante que ten ata o seu propio día: o 4 de outubro!
 
E, escoita, ti tamén podes gozar tanto destes boliños de canela como dun café igual de rico. Recomendámosche que probes (para sentirte completamente integrado na túa hora fika) o café IKEA PÅTÅR, cuxos grans se cultivan baixo a certificación UTZ, o que garante prácticas agrícolas sostibles e mellores oportunidades para os agricultores e as súas familias.
 
O momento café é indispensable na vida de moitísimas persoas, por iso é tan importante coidalo e mimalo como merece, elixindo un bo café para gozalo ao 100%.

As novas cafeteiras e filtros están deseñados para proporcionar á túa bebida un aroma máis profundo e forte. «Para moitos, o aroma do café é sinónimo de benestar e sensación de fogar».

Malin Ljungström

O recendo a café prodúcenos benestar e sensación de fogar, de refuxio, de "calorciño". Unhas sensacións complicadas de conseguir con outra bebida. E se por enriba probas as novas cafeteiras e filtros, vas alucinar porque están deseñados para darlle un aroma aínda máis profundo e forte.

Por exemplo, con UPPHETA só tes que verter auga quente sobre o café moído ou unhas follas de té, empurrar o filtro cara abaixo e servir a bebida resultante directamente da cafeteira ou teteira.

Tamén podes optar por cafeteiras por goteo, cuxo filtro de aceiro con máis dun uso leva pequenos orificios que deixan pasar os aceites e dan ao café un sabor máis rico.

En Suecia, fika é un momento tan arraigado e importante na súa rutina diaria como responder uns correos electrónicos no traballo ou lavar os dentes. De feito, moitas empresas teñen esa parada obrigatoria para tomar o café, na que ofrecen aos seus empregados doces e bebidas quentes. É parte da súa cultura e son incriblemente eficientes!

Cando desconectamos por un breve período de tempo, a nosa produtividade aumenta notablemente. Non cres que é o momento de darlle a importancia que merece xa sexa na casa ou no traballo?