Saltar

Como montar unha festa improvisada cos teus compañeiros de piso

Tedes ganas de pasar un rato divertido entre compañeiros de piso, pero non tedes un can? Ensinámosche como montar unha festa improvisada perfecta nun intre. Apta para todos os presupostos! 

Aspecto informal con zapatillas de estar por casa, moita comida, as túas cancións favoritas (sen amolar aos veciños, claro) e, por que non dicilo? A túa cama para retirarte cando queiras ao outro lado da porta! Soa ben, non si?  
 
O entretemento ao aire libre encántanos, pero recoñecemos que non sempre podemos saír tanto como queremos, malia que o corpo pida un pouco de festa. Por que amargarse se podemos pasar un rato agradable no noso propio piso? Se por algo se caracteriza o ser humano é precisamente polo seu enxeño e creatividade para buscar solucións. Así que, nesta ocasión, non vai ser distinto. Pola nosa parte, recompilamos unhas cantas ideas para demostrarche o pouco que se precisa para pasalo ben na casa cos compañeiros de piso. Queres velas? Sigue lendo! 

Luces para crear ambiente 


O ambiente do piso será imprescindible para conectar co voso plan de compañeiros.  
 
Unhas luces tenues poden ser a clave para darlle un toque diferente e festivo ao salón, así que, se podes, apaga unhas poucas (as xustas para non estar a escuras, que non queremos accidentes) e coloca unhas luces decorativas, coma unhas grilandas LED, que sempre quedan ben e é doadísimo colocalas en calquera parte; nun estante, no pé da lámpada, nun colgadoiro… 

Queres unha grilanda de luces? En IKEA temos unha morea! 

A zona do catering 

 

Onde se colocará a comida? Se tedes unha mesa, podédela converter facilmente na vosa zona de catering para non ter que andar a ir e vir da cociña. Acabádesvos de mudar ao piso novo e aínda non tedes as cousas montadas? Ou é que a mesa xa a tedes ocupada? Non hai problema. Temos solucións para todo. A táboa de pasar o ferro convértese no noso mellor aliado para crear unha barra. 
 

Poñemos uns cantos manteis individuais para non manchar a superficie se se derrama algo (para os vasos e as botellas ou xerras, mellor unha bandexa, para máis seguridade) e listo!  

Consello: reparte o peso das bebidas e comidas equitativamente para manter sempre o correcto equilibrio da táboa de pasar o ferro. Se a colocas pegada á parede obstaculizará menos e evitarás tropezóns.  

Un menú sinxelo e delicioso 

 

Non te compliques a vida cociñando. Se os fogóns non son o teu e queres algo sinxelo e rápido, nada como preparar un menú sinxelo no que teñas que cociñar máis ben pouco e o resultado sexa máis que saboroso. Por exemplo, podes preparar uns deliciosos bocadillos de salchicha coma os que che ensinamos nas fotos. Quenta as salchichas e sérveas nunhas fontes sobre un pan individual. É un clásico que sempre gusta. 
 

E apto para todo o mundo!


Algún vexetariano na sala? Recorda que hai un montón de opcións igual de ricas, por exemplo, podes adaptar os bocadillos de salchicha cunhas salchichas vexetarianas. Ademais, a quen non lle gusta unha boa tapa de nachos con guacamole ou verdura con hummus de diferentes sabores? Convertéronse nun clásico para todas as festas e todo o mundo poderá comer ben a gusto.  

Non te esquezas da música ambiental 

 

Unha festa sen música? Xamais! Xa o dixo Nietzsche: “a vida sen música sería un erro”, e nós non estamos dispostos a cometelo. Un dos compañeiros pode ser a persoa encargada de crear unha boa lista de reprodución con todos os temazos do momento ou eses clásicos que non poden faltar. Cando a teñades, podedes reproducila nun altofalante wifi ou bluetooth. Colocádeo no alto dun estante ou nun recuncho para que se escoite aínda mellor e non ande polo medio. Iso si, tede coidado co volume! Hai que saber convivir en harmonía cos veciños. 

 

Aínda non coñeces a nosa colección especial FREKVENS? É a nosa colección especial e limitada feita por e para festas.

Serás coma o técnico de son de xira cun grupo, pero na casa. Poderás montar o teu propio equipo de son e espectáculo de luces grazas a todos os seus complementos. Ata ten un caixón de percusión para o ambiente máis alternativo e divertido!

Esta gama, ademais, conta con algúns elementos que te virán de perlas, coma fundas de coxíns que repelen a auga (para os despistados) e recipientes modulares e amontoables que son ideais para a comida nunha festa. Que bárbaro, non si? Descubre todo sobre FREKVENS facendo clic aquí abaixo.

Que comece a festa! 

 

Xa temos a comida, a música e a decoración, así que só queda desfrutar xunto cos nosos compañeiros dun rato estupendo.

Por que non comezades por meterlle o dente a eses deliciosos aperitivos que preparastes? Ou, que tal se vos pegades uns bos bailes? A gozar! 

 

E listo! Xa temos o noso plan alternativo para pasalo xenial na casa sen apenas gastar.  

Eh! Isto non remata aquí. Segue a anotar ideas para desfrutar os ratos na casa con estes artigos. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.