Saltar

Fai unha festa de outono e que os convidados queden a durmir, parte II

A idea de convidar a durmir a alguén á casa cando tes un espazo limitado pode non parecer especialmente brillante. Descubre como lle podes dar a volta a esta situación e organizar unha estancia na que perdure o calor da festa.

Interior de estilo cabana de inverno, colchóns no chan a xeito de camas temporais e luces LED de noite ao seu carón.
Interior de estilo cabana de inverno, colchóns no chan a xeito de camas temporais e luces LED de noite ao seu carón.

Fai que os mobles para a festa fagan tamén de cama

Os pufs empregados a xeito de colchóns son unha forma estupenda de aproveitares o espazo. Engade coxíns e unha manta e xa tes un sofá ben cómodo e útil para o día. Á hora de durmir, transfórmao nun abrir e pechar de ollos.

Hospitalidade pendurando das paredes

Integra o que precisen os teus convidados como parte da decoración. Pendura nos ganchos bolsas cos accesorios de noite para cada un deles. Aforrarás espazo, simplificarás a organización do cuarto para a noite e farás da estadía unha parte máis orgánica da celebración.

Kits con vantaxes

Con preparacións personalizadas para a noite estarás continuando co tema de cando chegaron os teus convidados (ligazón abaixo). Un paquete con roupa de cama, zapatillas e artigos de baño fará que os teus convidados se sintan mellor coidados que nun hotel!

O que queda dun bo día

Que remate a festa non significa que remate a diversión. Alumea a estancia para relaxar o ritmo pero creando un ambiente acolledor.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Saša Antić
Fotografía: Fredrik Bjelkerud
Texto: Henrik Annemark