Fai unha acolledora cortina para unha cama infantil
As cortinas van moi ben para dar un pouco de privacidade ás camas dos dormitorios infantís compartidos. A idea é converter nun «dormitorio privado» o espazo inferior da cama alta STUVA colocándolle unha cortina arredor. Xorde do noso Reto do metro cadrado do dormitorio infantil compartido..


Nós puxemos unha cama alta STUVA, retirámoslle o escritorio que a acompaña e puxemos unha cama extensible MINNEN. O tecido vai suxeito á cama alta con velcro, polo que non entraña ningún risco de seguridade. O anaco de cortina que fai de porta sóbese cara a arriba; é unha idea divertida que, ademais, permite aos nenos decidir que grao de privacidade lles apetece en cada momento.
Autores
Deseño de interiores: Nathalie Kamkum
Deseño dixital: Cecilia Englund
Redacción: Marissa Frayer
Fotografía: Sandra Werud
Edición: Linda Harkell
Deseño de interiores: Nathalie Kamkum
Deseño dixital: Cecilia Englund
Redacción: Marissa Frayer
Fotografía: Sandra Werud
Edición: Linda Harkell