Fai que a túa sala sexa un patio de recreo por un día
Ás veces, non queda outra que ficar na casa. Utiliza a sala para un concurso con cinco xogos que os manteñan a todos ocupados e felices: familia, amigos ou nenos.


Cinco xogos que empezan con papiroflexia
Organiza un péntatlon que premie a imaxinación e tanto a capacidade intelectual como a física. Pono en marcha facilmente preparando unha rolda de bebidas e bocadillos, e combínaa cun xogo de papiroflexia. Aquí fixemos unhas ras de papiroflexia e unha pista de carreiras cun rolo de fita de cor, pero es libre de poñer as túas propias regras.
Prepara os números para unha proba de matemáticas
Coloridos problemas de matemáticas que van ben cunha competición desenfadada. Ao usar menos números, son axeitados para todas as idades. Un rolo de papel de debuxo na parede fai que sexa fácil preparalo, volver empezar e limpar. (Gárdao para debuxar facilmente en calquera momento).
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Gretchen Broussard
Fotografía: Måns Jensen
Texto: Henrik Annemark