Saltar

Estilos de decoración actuais: o popular tradicional

Gustaríache saber como decorar a túa casa cun aire tradicional, clásico ou romántico? Neste artigo contámosche todos os segredos do estilo "popular tradicional". Unha tendencia de decoración na que predomina a sofisticación, as cores equilibradas coa combinación de superficies ricas con texturas e deseños complexos. 

Mira este vídeo e descubre nun minuto o estilo popular tradicional! 

Os materiais característicos do estilo popular tradicional

O estilo popular tradicional ten as súas orixes na época preindustrial, entre os séculos XVIII e XIX. Por esa razón, o mobiliario, os téxtiles e os obxectos decorativos teñen un forte compoñente artesanal que rescata a herdanza e a tradición das antigas artes e oficios da época, que se expresa a través dos detalles e os acabados.

Como consecuencia, no uso de materiais naturais como a madeira, a cerámica, o barro e as fibras naturais, así como a forxa e o ferro, teñen un gran protagonismo. Todos eles están traballados de maneira artesanal, a partir de torneados, labrados e estampados, ricos en detalles e combinados con deseños que nos contan unha historia a través do propio mobiliario e dos accesorios de decoración. 

Neste estilo, a arquitectura do espazo interior tamén desempeña un papel moi importante. Son habituais os detalles en teitos e paredes, a través de frisos ou molduras, así como torneados e labrados en portas e ventás. Danlle carácter ao espazo e intégranse co mobiliario e os complementos de decoración.

No tocante aos acabados, o tratamento que se lles dá ás madeiras é moi relevante, polo xeral, tinguidas en marrón, negro e branco, con detalles tallados que lles dan volume e textura. As fibras naturais escuras, os metais brillantes ou cun acabado desgastado tamén están moi presentes. Algo moi característico do estilo popular tradicional é o xeito no que se traballan materiais como o cristal en complementos de enxoval, vasos ou floreiros, onde figuras labradas enriquecen e dan textura a este material. 

Dúas versións para un mesmo estilo 

Na primeira, as madeiras e as fibras naturais pouco tratadas, así como os obxectos de cerámica e barro feitos á man son os protagonistas.

Esta expresión está acompañada por acentos de cor en tons neutros, desde pasteis pálidos ata tons terra, que transmiten relaxación e harmonía, evocando as cousas sinxelas e o valor do básico. Unha versión clara e bohemia que nos ofrece espazos moi luminosos e acolledores, conectándonos coa natureza a través dos materiais. 

Na segunda versión, os detalles, os téxtiles botánicos e a mestura de formas e acabados recréannos unha expresión máis romántica e internacional, inspirada nos espazos interiores europeos de 1700 e 1800.  

É máis decorativa, polo que os complementos e os accesorios teñen unha relevancia especial. Combina texturas e estampados con metais en dourado ou prata, acentos de cor e complementos en cristal labrado que enriquecen o espazo, enchéndoo de historia e personalidade. Nesta expresión, a conexión coa natureza vese reflectida a través dos téxtiles, onde os grafismos e as expresións botánicas, florais están moi presentes e contrastan coa base de cor do mobiliario e o espazo en xeral.

Todas estas características e expresións fan do popular tradicional un estilo atemporal, de fácil adaptación aos matices e variacións do deseño e a arquitectura dos diferentes países. Ademais, a súa filosofía, baseada en rescatar o valor das artes e oficios doutras épocas, permite que sexa un estilo que se reinventa e adapta constantemente ás novas tendencias e necesidades dos espazos contemporáneos. 

Queres coñecer outros estilos de decoración que son tendencia? Velaquí tes outras ideas nas que inspirarte: 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.