Este inverno, Kenya e Suecia están máis preto ca nunca
Dúas familias de deseñadores de dúas partes diferentes do mundo son as mentes creativas que están detrás da nova colección VÄRMER, que abrangue mobles, téxtiles, decoración e moitas cousas máis para facer das vacacións de Nadal algo aínda mellor, vivas onde vivas.


Tempo para pasar xuntos
A colección VÄRMER foi deseñada pola parella kenyana Bethan Rayner e Naeem Biviji e polos suecos Sarah e Jens Fager. O obxectivo desta colección é permitirnos pasar máis tempo cos nosos e aproveitar a vacacións para que teñamos máis tempo de lecer. Tamén é unha forma de coñecer como se pasan estas vacacións en dúas partes diferentes do mundo (polo que se ve, ao final, de xeito bastante semellante).
Uns entran…
No sur de Suecia, onde viven Sarah e Jens Fager, o outono e o inverno adoitan ser húmidos, fríos e escuros, pero isto pode non ser tan malo como parece. "Encántanos o Nadal, acubillarnos na casa coa familia e os amigos e cociñar, facer manualidades, xogar… Por iso os artigos que deseñamos para VÄRMER son moi persoais. Creamos obxectos funcionais e démoslle moita relevancia ao deseño. Procuramos empregar materiais que poidan durar moitos anos", di Sarah.
… e outros saen
En Kenya, o normal non é acubillarse na casa. Máis ben o contrario. "Todo o país para do 15 de decembro ata Aninovo. Vai calor e é a tempada dos aguacates e os mangos. É un tempo de festa no que todo o mundo sae fóra", di Bethan. Os produtos están inspirados nas diferentes formas de celebrar o Nadal das súas familias e nas tradicións kenyanas. "Ao final, os nosos produtos son para facerlle á xente a vida máis sinxela e para que poidan pasar tempo xuntos. Espero que a xente os empregue independentemente da estación".
Resulta que tanto ten que vivas no hemisferio norte ou no sur. Ao final, facemos as mesmas cousas: comemos, xogamos e saímos".”
Mette Nissen, directora creativa de IKEA
Encántanos o Nadal, acubillarnos na casa coa familia e os amigos e cociñar, facer manualidades, xogar… Por iso os artigos que deseñamos para VÄRMER son moi persoais".”
Sarah Fager, deseñadora
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.