Saltar

Espazos creativos na casa, que funcionan cando os usas

A realización de actividades no fogar pode ser un desafío, especialmente cando non existe un lugar fixo para levalas a cabo. Presentámosche tres solucións sorprendentes para actividades creativas (ou tarefas máis cotiás) que ocupan espazo só cando o necesitas.

Banco e módulo de almacenamento combinados, con téxtiles, entreabertos no extremo dos pés dunha cama que contén os elementos típicos dunha oficina na casa.
Banco e módulo de almacenamento combinados, con téxtiles, entreabertos no extremo dos pés dunha cama que contén os elementos típicos dunha oficina na casa.

Todo xusto onde o precisas e onde ninguén o ve

Cando as limitacións de espazo non permiten un espazo de traballo específico na casa, unha solución pode ser gardar o contido nun moble de almacenamento. Un banco con todo o necesario organizado no seu interior, listo para poñerte a traballar cando o precises.

Non o esquezas, vaias onde vaias

Algo de tempo a soas pode ser o único que precisas para que as ideas flúan e as queiras escribir ou debuxar de inmediato. Asegúrate de non deixar que as túas ideas se esfumen cando che vén a inspiración.

Pensamento creativo nunha cociña concorrida

Unha cociña é ideal para realizar actividades paralelas, mesmo cando son ben distintas. Cando non hai outro lugar onde ir, divide a mesa para crear distintos espazos, para comer e para o traballo creativo. Ademais, a superficie de vidro reduce o tempo entre a idea e a acción creativa.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Saša Antić
Fotografía: Emma Engkvist
Texto: Henrik Annemark