3 espazos de traballo na casa motivadores e prácticos
Co remate das vacacións, toca volver adaptarse aos horarios de traballo. Aínda que non o pareza, o ambiente axuda moito. Por iso, se traballas desde a casa, é importante que acondiciones o teu espazo de traballo correctamente para que a volta sexa moito máis sinxela. Dámosche varias ideas para que empeces a preparalo todo. Toma nota!
1. Un espazo de traballo na casa compartido
Se os teus compañeiros de piso, a túa parella ou algún outro familiar traballa tamén desde a casa, por que non creades unha oficina compartida? Cun espazo así, teredes a sensación de estar nunha oficina real cos vosos compañeiros e o ambiente axudaravos a estar de mellor humor. Motivarédesvos entre vós e a volta das vacacións farase moito máis levadeira.
O primeiro paso para montala é escoller o lugar. O ideal é que sexa un espazo común da casa como, por exemplo, o salón ou o comedor. Podedes instalar unha mesa grande nel e poñervos un a cada lado, asegurándovos de que tedes espazo dabondo para traballar. É importante que tentedes non encher a mesa de cousas para non invadir a zona do outro e traballar de xeito máis organizado.
Respecto ás cadeiras, é importante que sexan cómodas, con respaldo e rodas, para que poidades movelas facilmente se precisades cambiar de lugar nalgún momento.
Para que sexa moito máis doado manter a mesa despexada do voso material, o mellor é que vos fagades cun moble de caixóns con rodas. Este espazo de almacenamento adicional permitiravos organizar moito mellor os vosos documentos e acceder a eles facilmente, xa que podedes movelo dun lado para outro. Ademais, como ves, podedes etiquetar os distintos caixóns para que teñades claro cales pertencen a cada un e sexa moito máis doado compartilo.
Aínda que é importante que a zona na que montedes a vosa oficina teña luz natural, tamén vos virá ben colocar lámpadas para terdes un compoñente adicional de iluminación artificial cando o precisedes. Unha lámpada de pé, como NYMÅNE, pode ser unha grande opción porque non ocupará espazo na mesa e proporcionaravos mobilidade dabondo para obter a luz xusto onde a precisedes.
Tamén pode ser moi útil que coloquedes taboleiros nos que colgar documentos sobre os vosos proxectos, ideas para inspiración, calendarios ou recordatorios. Se ademais situades uns focos de luz sobre esta zona, mellor aínda! Así teredes aquilo no que precisades centrarvos cada día sempre á vista e ben iluminado.
Como se trata dun espazo compartido, o noso consello é que delimitedes a zona de cada un para que non haxa malentendidos e reine a harmonía mentres traballades.
2. Un espazo de traballo na casa alegre e low cost
Se volver á rutina se che fai bastante costa arriba e o de traballar desde a casa é conto novo para ti, toma nota! Con esta idea poderás montar unha oficina de maneira moi accesible e cun toque colorido que che axudará a afrontar cada xornada con moita máis alegría.
Coma sempre, o primeiro será escoller o espazo no que vas montar a oficina. É moi importante que a luz natural sexa moi boa porque, se non, non conseguiremos ese espazo motivador que estamos buscando. Unha vez o teñas localizado, só precisarás unha táboa, un moble de caixóns, unhas patas (mellor se son dunha cor rechamante) e unha cadeira cómoda con rodas. Como vas pasar bastantes horas nela, recomendámosche que coloques unha almofadiña coma a da foto que, ademais, achegaralle outro toque de cor á túa pequena oficina.
Como necesitarás almacenamento e quizais non dispoñas de moito espazo, o mellor é que aproveites algunha parede próxima para colocar os teus mobles de caixóns e estantes. Se usas métodos de almacenaxe modular como EKET, poderás montalos segundo as túas necesidades actuais e amplialos máis adiante se ti ou algún outro membro da familia precisades máis espazo. Esta solución permitiravos crear diferentes combinacións e, polo tanto, aproveitar o espazo ao máximo.
Como xa dixemos, para concentrarte e que che sexa moito máis doado volver ao traballo, é moi importante que manteñas a orde na túa mesa. Os mobles de caixóns e organizadores que coloques na zona da parede son fundamentais para isto. Para ordenar as túas ideas, tamén pode virche ben colocar un taboleiro como SVENSÅS ou un encerado no que poidas anotar todo iso que debes recordar cada día. Desta forma, liberarás a túa mente e traballarás moito mellor.
3. Un espazo de traballo na casa, pero ao aire libre
Unha boa forma de conseguir que a transición das vacacións á rutina sexa máis sinxela é trasladar a oficina na casa a un espazo como a terraza. Colocar a túa oficina aí permitirache recibir moita máis luz e apurar as últimas semanas do bo tempo mentres traballas.
É posible que non te instales aquí durante todo o ano, así que podes aproveitar a mesa que teñas nesa estancia da casa para comer ou cear e colocar un coxín a fin de que a cadeira che resulte máis cómoda para traballar. No caso de que non esteas a gusto, sempre podes poñer unha cadeira de escritorio de forma temporal, que poderás levar dun lado para outro facilmente.
Tamén pode virche moi ben contar cun moble de caixóns con rodas ou un carro auxiliar para gardar o material que precises e trasladalo do exterior ao interior cando o necesites.
No caso de que a túa terraza sexa pechada, poderás prolongar máis tempo o teu espazo de oficina e, deste xeito, recibir moita luz e bo ambiente en cada unha das túas xornadas de traballo.
Non te preocupes se tamén dedicas este espazo a outras actividades do fogar, como facer a colada, porque, se organizas ben a estancia e os tempos nos que desenvolves cada unha das tarefas, non tes por que ter problema ningún. De feito, se contas cunha zona de almacenamento, podes reservar un oco para o teu material de oficina. 2x1!
Que che pareceron estas ideas? Se segues necesitando un empuxón para montar o teu espazo de traballo na casa, non perdas este vídeo.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.