Escolle la: é duradeira, natural e fermosa!
Levar unha vida concienciada na casa é tan sinxelo como escolleres os materiais axeitados. A la é a mellor opción para o medio ambiente, para a túa casa e para os habilidosos tecedores da India.


Por que a la é unha boa elección
Mentres teñan herba para pastar, as ovellas seguirán a producir pelaxe nova cada ano. Por iso a la é unha fibra natural, sustentable e renovable. Pero non queda aí a cousa. A la ten moitas propiedades, o que fai que sexa perfecta para fogares, en especial para os chans. É resistente, illante, transpirable e o seu elevado contido en graxa fai que sexa resistente contra manchas e cheiros.
Leva a moda do índigo á túa casa coas novas e fermosas alfombras tecidas á man TRANGET e LOVERUP.
A fibra de la natural é forte e duradeira, e ofrece unha resistencia natural contra as manchas, o que a fai perfecta para alfombras.
Tecendo un futuro mellor para a xente traballadora
A India ten unha longa tradición na fabricación de alfombras. "En 2011 publicamos a iniciativa Made by People para mellorarmos as condicións laborais dos tecedores", di Kushal Chakravorty, Responsable de Desenvolvemento Comercial en IKEA. "Garantimos salarios regulares e unha contorna segura. Tamén creamos escolas de formación e deseñamos un novo tear, máis doado de manexar: agora cada vez hai máis mulleres tecendo".
Ao tempo que se protexen e fomentan os intereses dos tecedores, a iniciativa Made by People de IKEA está a transformar a industria das alfombras feitas á man na India".”
Kushal Chakravorty, Responsable de Desenvolvemento Empresarial en IKEA
Descubre a beleza natural e duradeira das alfombras de la feitas á man de IKEA, á venda hoxe mesma!