Saltar

Ideas sinxelas para organizar un pícnic fóra de casa

A primavera é unha das mellores estacións para gozar da natureza de cheo, xa que non vai nin demasiado frío nin demasiada calor. Por iso, é a época perfecta para pasar un día de pícnic fóra de casa.

Sigue lendo e descubre todo o que hai que ter presente para saber como organizar un día diferente ao aire libre, sexa na praia, no parque ou na montaña. Verás que é do máis sinxelo. Vamos! 

1. Vaixela lixeira e segura

Se vives nunha zona próxima á praia, podes aproveitar os días de primavera para relaxarte co son do mar e perderte contemplando o marabilloso horizonte. Soa xenial, non si? No entanto, este primeiro consello que che imos dar servirá para calquera escenario: que apostes pola practicidade.

Unha das cousas máis importantes dun pícnic, evidentemente, é o momento previo a preparar toda a comida e bebida que vas levar contigo. Para que todo sexa moito máis cómodo e seguro, o mellor é utilizares complementos lixeiros, como os que se mostran na imaxe. Estes vasos e pratos, por exemplo, están feitos con plástico reutilizable e son reciclables, para teres unha opción máis sostible e respectuosa co medio ambiente e non teñas que empregar obxectos desbotables dun só uso. Como non son tan pesados, podes amorealos e transportalos facilmente sen sobrecargarte. Ademais, encántannos as súas cores vivas, a ti non?

2. Un menú variado

A idea do pícnic é pasar bastante tempo fóra da casa, normalmente ata que o sol o permita e comecemos a ter frío ou, directamente, ata que xa quede pouca luz natural. Por iso mesmo temos que estar ben abastecidos de comida e bebida. 

A nosa recomendación é pensares nun menú cómodo, variado e saudable. Podes preparar unhas friameiras para os petiscos previos e, como prato principal, decantarte por unha ensalada fresquiña, que sempre é fácil de elaborar e resulta bastante económica. Se o prefires, sempre podes optar por un bocadillo (o de tortilla nunca falla). Ademais, cando remates levarás menos peso e obxectos na mochila, xa que só quedará a envoltura.

Para a sobremesa ou a merenda, non esquezas a froita. Sempre é unha grande aliada para as actividades fóra da casa. Podes levar unhas ricas rodas de sandía, que sempre triunfa e axuda a manter a hidratación os días de máis calor, ou unha froita máis práctica que só teñas que lavar, como mazás, ameixas ou pexegos. 

Un consello: para manter os alimentos máis frescos, utiliza bolsas térmicas e placas refrixeradoras. 

3. Mantas e coxíns para o chan

Idealmente, cando imos de pícnic pensamos que o terreo será mol e moi cómodo para sentar e gozar do noso pequeno banquete. No entanto, pronto nos damos conta de que a realidade é ben distinta, pois moitas veces o lugar onde hai que asentar o campamento non é tan dócil como criamos. Hai bichocos que tentan coarse nas nosas friameiras, o po da area ou a terra ameaza os nosos alimentos, algunhas ramiñas entremetidas non nos deixan sentar correctamente e así moitas outras cousas. 

Para que sempre teñas a comodidade asegurada, recomendámosche que vaias un paso máis alá e teñas sempre á man, como mínimo, unha manta ou un mantel de pícnic.  

Este complemento marcará o perímetro necesario para colocar as túas cosas e acomodarte e, ademais, actuará como protección para a túa comida (e a túa roupa, para que enganarse).

Grazas a algo tan simple e económico, poderás comer ben a gusto e deitarte a descansar mentres contemplas a paisaxe ou, sinxelamente, les a túa novela favorita. Tes sitio de sobra? Leva contigo un par de coxíns para que as pedras non molesten. 

4. Unha mochila grande para transportalo todo

Algunhas cestas son máis un adorno que algo práctico, así que usa só aquelas que de verdade faciliten o transporte de todos os obxectos. Se sodes varias persoas, podedes repartilas para non cargar con tanto peso e que o paseo sexa máis agradable para todos.  

A cesta da imaxe, por exemplo, está tecida á man con ratán, un material natural renovable, de crecemento rápido, resistente e duradeiro. Que fai que sexa práctica, ademais de preciosa? Fácil, ten un peche moi cómodo e uns tirantes para que poidas poñela como unha mochila.

Para estes casos, nada como seguir unha orde lóxica de almacenaxe. As friameiras poden amorearse e colocarse abaixo de todo, xa que será o que máis pese. Colocamos as botellas a un lado e o máis fráxil, como a froita, xusto enriba. 

5. Monta una cabana 

Sabemos que este é un caso excepcional, pero non podemos quedar coas ganas de mostrarche todas as opcións que tes ao alcance para pasar un día de pícnic perfecto. Que che parece esta cabana improvisada?

Esta idea está pensada máis ben para un pícnic nunha casa no campo ou nun recinto privado onde poidas colocar un gran número de obxectos (non queremos que che chamen a atención). Explicámosche que usamos para acadar este efecto tan encantador.

Non é necesario ir de acampada para gozar da sensación de durmir nunha tenda de campaña. 

Primeiro, busca dúas árbores cunha distancia prudencial ou sinxelamente algo onde poidas pendurar sen perigo unha corda para poñer teas enriba. Estende as teas elixidas (a poder ser, que non sexan moi pesadas) e ábreas para deixar unha apertura no medio. Podes poñerlles unhas rocas enriba para que non se movan. Prepara unha manta, un edredón e varios coxíns para montares o espazo e engade algunhas luces ou lanternas solares ou a pilas para cando marche a luz. Non é máxico?

Queres máis inspiración? Non perdas esta selección especial con ideas e consellos sobre decoración, orde e moito máis para aproveitar ao máximo todas as posibilidades que ofrece a primavera. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.