Saltar

Encontra no baño todo o espazo que non sabías que tiñas

Os baños son unha desas estancias que sempre parecen pequenas. Como aproveitar ao máximo un baño realmente pequeno? Reunímonos coa decoradora Mia para descubrir como deseñar un baño pequeno que permita gardar moitas cousas.

Caixas de madeira sobre armarios azuis axudan a organizar os elementos básicos do baño.
Caixas de madeira sobre armarios azuis axudan a organizar os elementos básicos do baño.
1. Aproveita toda a altura. Cando o espazo escasea, o consello de Mia é aproveitar toda a altura do baño ata o teito. Coa axuda dun tallo, terás todo ao alcance da man.

2. Mantén as distancias. Isto pareceunos moi intelixente: Mia fíxonos ver que o espazo entre os armarios pode resultar moi útil. Deseñou este baño cun espazo para colocar a cesta da coada e un estante para colocar as cousas que se empregan máis a miúdo.

3. Organiza os teus organizadores. Cando tes un baño diminuto, a desorde empeora aínda máis as cousas. Colocar organizadores para os obxectos pequenos que gardas nos caixóns é unha boa idea para conseguir que cada cousa vaia no seu sitio.

4. Os recantos difíciles brindan moitas posibilidades. Se non tiveres espazo para colocares armarios de parede, o consello de Mia é aproveitar ao máximo as paredes e cada recanto da estancia, como no caso deste toalleiro colocado nunha esquina detrás da porta. Os ganchos e os colgadoiros resultan moi útiles para as toallas de baño, xa que se poden colocar case en calquera parte.

Autores
Deseño de interiores: Martina Andersson
Fotografía: Monika Lundholm