Saltar

Dun espazo difícil a un roupeiro marabilloso

Cando se trata da túa casa, todo o espazo importa. Mesmo os máis estraños. Aquí poderás ver como crear un roupeiro elegante e aproveitado con todo o que precisas (e máis) para dous.

Un pequeno roupeiro con moitos estantes axustables ALGOT e unha cortina para pechalo dende o dormitorio.
Un pequeno roupeiro con moitos estantes axustables ALGOT e unha cortina para pechalo dende o dormitorio.
O primeiro paso para organizar calquera espazo é determinar claramente que se necesita e como se desexa que funcione o espazo. O espazo co que estamos a traballar é estreito, polo que escollemos ALGOT, xa que é unha solución flexible que se pode integrar directamente no armario. Deseguido, ten en conta as funcións e o deseño da almacenaxe. Faranche falta unha serie de guías, caixóns e estantes abertos para os diferentes tipos de roupa. Por último, crea un lugar que che resulte atractivo. Para nós, iso implica dar unha capa de pintura ao interior; engadir cortinas para dar privacidade e suavidade, e empregar alfombras que achegan estilo e confort.

Faino todo máis doado dedicando unha parede do teu armario a estantes abertos. Encontrarás a túa roupa dobrada moito máis rápido pola mañá e terás moito espazo para engadir caixas para cousas como a roupa interior. E ese espazo intermedio da parede? Coloca uns ganchos para colgar os teus gorros.

Ás zonas aparentemente inservibles, como esta franxa da parede que mira cara ao interior do armario, pódeselles dar uso. Cuns ganchos é o lugar ideal para colgar a roupa do día seguinte ou que se cadra non queiras volver gardar, pero que aínda non está lista para lavar.

Non se nos poden esquecer os toques finais; ningún armario está completo sen un lugar para decoralos. Así que converte unha das paredes en toucador, pon un espello de corpo enteiro con iluminación directa, estantes para maquillaxe e adornos, e unha zona para peitearse. Mesmo convertemos un soporte para tabletas nun estante para xoias, colocando un cable arredor e engadindo un anaco de feltro para os pendentes.

O noso roupeiro mide 3 m x 1 m. Afortunadamente, case todos os estantes empregados poden personalizarse e axustarse para adaptarse a armarios de todos os tamaños.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Rita Mestre
Fotografía: Thommy Bengtsson
Texto: Vanessa Algotsson