Saltar

Formas modernas de renovar o dormitorio con tecidos

O teu dormitorio está a pedir un cambio? Se estás pensando en darlle un cambio de aires sen ter que recorrer aos teus aforros, sigue lendo. Aquí tes dúas ideas coas que refrescar o teu dormitorio esta tempada con algunhas das nosas últimas novidades en tecidos. Cal pensas que será a túa?Se che gustan as novidades de IKEA, non marches. Advertencia! Vai ser un frechazo. 😊

Dormitorio 1: formas orgánicas e cores cálidas

"Pinta" o teu dormitorio con acuarelas sen sacar o pincel.  O conxunto de funda nórdica OLYMPTISTEL, deseñado por Emma Prowse, ten un estampado inspirado nas acuarelas. 

Amarelo como cor protagonista no teu cuarto? A resposta é un "si" rotundo. O amarelo é un símbolo de calidez e ledicia. Ademais, dise que estimula a creatividade e o optimismo. Aínda non o ves moi claro? Iso é porque aínda non descubriches as nosas últimas novidades en tecidos.

Alfombra modelo HOTELLRUM con estampado degradado de cor amarela, verde e azul.

A alfombra HOTELLRUM acaba de chegar e é un xeito de introducir este ton no teu cuarto sen grandes cambios. Grazas ao seu degradado de tons amarelos, azuis e verdes, dará un aire alegre e primaveral ao teu dormitorio. 

Outro xeito é engadindo pequenos detalles, como coxíns e mantas, ou as novas fundas de coxín BRUNTÅG, que combinan á perfección coa manta SVARTFIBBLA.

Dormitorio 2: estampados xeométricos e modernos

A segunda proposta trátase dunha das tendencias desta tempada: as raias. Esta primavera e este verán, veremos moitos estampados xeométricos en xeral, e, dentro desta categoría tan ampla, as raias seguen a ser unha das opcións con máis éxito. Achegan un toque moderno e ecléctico que podes conseguir coa funda nórdica SLÅNHÖSTMAL, dispoñible en dúas cores. 

Velaquí todas as novidades en tecidos
Velaquí todas as novidades en tecidos

A cor implica diversión 

Os motivos xeométricos poden ser moi divertidos. Para demostralo, bótalle unha ollada ao estampado de limóns da funda nórdica NORSKNOPPA

Outra opción que non pasará desapercibida é a funda de coxín SANDMOTT. Ti tamén namoraches do seu estampado de tulipáns e xa a visualizas no teu dormitorio, non si? 

Xa viches que non precisas moito para darlle un aire novo ao teu dormitorio. Cambia ou engade algún destes tecidos, e prepara o teu cuarto para esta tempada. Estampados orgánicos ou xeométricos. Con cal quedas para o teu cuarto?

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.