Saltar

Deseña un moderno dormitorio xuvenil

Que ten que ter un dormitorio xuvenil para ser perfecto? Pedimos á nosa decoradora, Emilia, que deseñara un dormitorio xuvenil moi moderno que satisfixera todos os gustos e necesidades dun adolescente, todo iso nun espazo reducido. Descubre todo o que aprendemos.

Zona de estudo dun dormitorio xuvenil cun escritorio, unha lámpada de traballo, estantes, un portapapeis, un reloxo, un taboleiro de anuncios e un horario semanal na parede.
Zona de estudo dun dormitorio xuvenil cun escritorio, unha lámpada de traballo, estantes, un portapapeis, un reloxo, un taboleiro de anuncios e un horario semanal na parede.
O primeiro que fixo foi organizar e dividir o espazo en distintas zonas; así se ten unha maior sensación de amplitude e hai espazo para cambiar as cousas. «Diferenciei as distintas zonas pintando as paredes de diferente cor. A zona de estudo ten unha cor máis clara porque precisa moita luz. A zona para descansar ten unha cor máis escura e intensa e a zona de almacenaxe, unha máis rechamante».

No canto de poñelo pegado á parede, Emilia puxo o escritorio no medio do espazo e mirando cara á fiestra. Ten unhas vistas preciosas, moita luz e é ideal para recargar pilas. Transformou unha das paredes nun taboleiro de anuncios xigante para planificar a semana. Para manter despexada a zona de traballo e telo todo ordenado, puxo solucións de almacenaxe nas paredes e caixóns debaixo do escritorio (un deles con cousas para picar, que sempre van ben para os descansos e para concentrarse). As lámpadas de traballo son fundamentais para non ter que forzar a vista.

Emilia optou por poñer un diván flexible porque é ideal para os espazos reducidos; utilízao para tomar a sesta durante o día e como cama de convidados. O estor opaco achega calidez, como os tecidos. “A alfombra e a combinación de coxíns dan un aspecto máis acolledor ao espazo. Os espazos pequenos tamén poden ser acolledores”.

Como a zona para descansar e para durmir están na mesma estancia, Emilia intentou crear un espazo flexible. Puxen unha barra de cortina e un tecido entre esa zona e o escritorio para poder separala e desconectar. Así, cando estudas, non te distraes vendo a cama desordenada”. A pantalla na parede fai que o chan estea máis despexado. A cadeira e a mesa pesan moi pouco, así que se poden mover doadamente cando veñen amigos á casa. Ademais, na mesa pódense gardar moitas cousas.

Os adolescentes necesitan expresarse, así que, por que teñen que ter gardados os seus obxectos persoais preferidos?” Emilia combinou solucións abertas para expoñer os instrumentos e obxectos preferidos e solucións pechadas para gardar as cousas máis persoais e privadas. Os ganchos de parede van moi ben para aproveitar mellor os espazos reducidos. “Como IVAR é de piñeiro macizo, podes gozar do seu aspecto informal e natural durante un tempo e despois pintalo se che apetece”.

Para a roupa, Emilia tamén optou por poñer solucións abertas, como estantes e barras; as camisetas de grupos de música e os vaqueiros dan moita personalidade ao dormitorio. “Os espellos nas portas non só serven para vestirse, senón para que os espazos parezan máis amplos e luminosos”.

Creado por
Deseño de interiores: Emilia Ljungberg
Redacción publicitaria: Marissa Frayer
Fotografía: Kimme Persson