Descanso nocturno con nenos
Espertar descansado pode ser todo un reto nunha familia con cativos. Non podemos prometer nada mais si presentarche algunhas ideas que seguramente fagan que haxa máis tranquilidade pola noite na casa.


Todo listo para que veña Pedro Chosco
Unha boa forma de empezar é facer que o espazo da cama sexa o máis acolledor posible. Deixa que o teu fillo escolla as cores, os deseños e a funda do edredón para que sexa especial para el. Crea un refuxio de formas suaves (como unha tenda de campaña) e materiais que lle dean unha sensación de seguridade.
Coloca bordos brandos na mesa de noite
Os armarios encima da cama son útiles para o almacenamento, pero tamén poden molestar coas súas liñas afiadas. Podes grampar un anaco de tea branca e engurrada na parte inferior dos armarios para formar nubes de tea esponxosa que prolonguen a forma suave desde a cama cara arriba ao longo da parede.
Todo ao alcance da man para gozar dunha noite calma
Organízate para ter unha rutina relaxante á hora de ir durmir tendo á man todo o que precises, coma libros e unha luz para ler na cama. Unha caixa de almacenamento pode servir de mesa de noite portátil (e tamén como asento), cunha botella de auga e unha luz de noite. Polo que poida pasar, ten sempre un peluche de reposto.
Durmir á beira do teu fillo (sen romper as costas)
Reconfortar a un neno no medio da noite pode acabar sendo unha longa e incómoda espera. Un colchón adicional na parede, como parte do acolledor refuxio da cama, pode facer de unidade de descanso temporal. Fácil de preparar, fácil de retirar (cando for o momento adecuado).
Está claro que cada familia ten as súas propias necesidades e hábitos. Pero as nosas ideas só se centran en como conseguir que os espazos acolledores e cómodos resulten tamén o máis prácticos posibles de noite".”
Evangelos Delidimitris, deseñador de interiores IKEA
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Evangelos Delidimitris
Fotografía: Karl-Johan Hjertström
Texto: Henrik Annemark