Descansa por dentro e por fóra
É verán, o momento de descansar. Prepara o salón para os días calorosos con cousas frescas e con estilo. Con randeeiras pregables, mesas auxiliares, cortinas e lámpadas, podes crear un salón para os días nos que non saibas se quedar dentro ou saír fóra. Ou as dúas cousas.
Descansa coa familia pasando unha divertida tarde
Fai do teu salón un lugar fresco no que descansar. Sempre é necesario máis espazo cando vén a avoa, os fillos da parella e o xenro. Cun cómodo sofá e unhas mesas auxiliares ben pensadas, xa tes un acolledor salón.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.