Saltar

Descansa coa túa familia durmindo a gusto

É verán, o momento de descansar coa familia. Prepara o dormitorio para os días calorosos con cousas frescas e con estilo. Para poder durmir ben, opta por colchóns e roupa de cama de materiais naturais e cortinas opacas que reflictan a calor. E queda na casa. Importante: non molestar.

As cortinas HILLEBORG permítenche bloquear tanto a luz como a calor cun simple movemento de brazo. Ademais, están dispoñibles en bonitas cores.

Moita calor? Non hai problema. O edredón STJÄRNSTARR foi pensado para xente que adoita pasar calor ao durmir. Absorbe a calor do corpo e fai que te sintas cómodo toda a noite.

Non durmas con calquera cousa! Os materiais naturais como o látex, a fibra de coco, o algodón ou a la repelen a humidade e manteñen o teu corpo fresco.

Pasa unhas boas vacacións na casa! A roupa de cama de satén NATTJASMIN farache sentir coma nun hotel. A mestura de algodón e lyocell absorbe a humidade do corpo e mantente seco toda a noite.

Goza dunha boa soneca

Por que non darlle un aire fresco ao cuarto con novos tecidos? Cunha bonita roupa de cama, uns coxíns de cores e unhas cortinas intelixentes, tes a cama perfecta para unha boa sesta. Haberás durmir como un leirón.

Novos coxíns e roupa de cama que che farán sentir como novo no teu retiro de verán.

Mantén fresca a túa roupa favorita de verán co armario NORDKISA. Abre as ventás e deixa que a suave brisa ventile o cuarto.

Unha cortina que purifica o aire da casa? Efectivamente. As cortinas purificadoras de aire GUNRID están tratadas cunha solución mineral que transforma o aire contaminado en aire puro cando se expoñen á luz.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.