Saltar

Ideas para decorar o xardín e recibir o bo tempo

Despois deste inverno, de Filomena, de choivas e días grises… xa está aquí a primavera! O sol permítenos unha mellor síntese da serotonina, o que nos fai sentirnos máis ledos. Pouco a pouco, os días son máis longos, o cambio de hora permítenos gozar máis das tardes e aproveitar a nosa terraza ou xardín.

Xa sabedes que somos firmes defensores do dito "quen ten unha terraza ten un tesouro", así que agora que chega o bo tempo e unha maior cantidade de horas de sol, é o momento perfecto para refrescar e decorar o teu xardín, e dar a benvida á primavera como merece. Vexámolo!

Un imprescindible no teu xardín: a grella

 

As grellas comezan a ser as nosas mellores aliadas desde que a primavera e a calor do sol se instalan nas nosas vidas. No verán tamén son marabillosas, pero se non tes piscina no teu xardín quizais pases demasiada calor facendo unha churrascada durante o día. Este é o momento perfecto do ano para gozalas ao máximo!

Podes atopar a nosa grella de carbón en moitísimos tamaños que se adaptarán ao teu espazo dispoñible: só a grella, cun estante, con dous, con portas, sen portas…

Todas teñen asas termoillantes de aceiro inoxidable e unha bandexa de cinzas extraíble para limpala con total facilidade. Anímaste a que o 2021 sexa o ano das churrascadas en casa?

Renova o teu sofá ou os téxtiles da túa terraza ou xardín

 

Un cambio sinxelo que che permite refrescar o xardín para recibires a primavera é mudar os téxtiles do sofá e as cadeiras ou, se xa estiver estragado de máis, optar por un sofá novo! E se ademais pode ser un cambio cara unha maior sostibilidade, mellor que mellor, non si?

Neste caso, amosámosche o sofá ÄPPLARÖ, feito de madeira de acacia sostible. É ideal para espazos pequenos, pero o mellor é que é completamente adaptable, por se che apetece "facelo medrar". O certo é que se trata dun sofá modular que ademais combina de luxo cos coxíns de confort HÅLLÖ, ideais porque se poden empregar do dereito e do revés. É xenial!

E se prefires ver outras opcións de fundas de coxíns para exterior para darlle ese pequeno (pero necesario) lavado de cara ao teu xardín, preme no seguinte botón!

Plantas e testos de xardín: clave en primavera

 

Unha primavera sen plantas nin flores? Diso nada! Chegou o momento perfecto de encher a túa terraza ou xardín de novas plantas e, de paso, renovar os testos. Coa chegada da primavera, ademais moitas delas florecen, así podes ter un espazo cheo de cor. Se non tiveres moita man coas flores, podes optar por plantas fortes, como a hedra, as suculentas ou algúns tipos de arbustos e árbores pequenas. As herbas aromáticas ou mesmo os trevos son unha boa opción para os máis "negados" en xardinería.

Alfombras de exterior: leva a natureza ao chan!

 

Seguimos con outra opción marabillosa para refrescar a nosa terraza coa chegada da primavera: as alfombras de exterior! Estas permítennos darlle unha maior calidez a espazos como o comedor, o soportal ou unha pequena zona de lectura que teñamos no noso xardín. Neste caso, o modelo SKELUND tráenos á memoria esas follas das plantas, como se tamén estivesen polo chan, enchendo os espazos de pura ledicia. Podes usala tanto en interior como exterior, e, ao estar feita de fibras sintéticas, é superresistente ás manchas.

Un recuncho para un aperitivo informal

 

Outra opción para decorar e aproveitar a nosa terraza e pasar o tempo en familia ou con amigos é crear recunchos específicos e ideais para comer ou beber algo. Se tes nenos, os plans no xardín son unha das mellores opcións cando chega o bo tempo, como poden ser uns petiscos. Non che cómpre moito espazo para isto, incluso podes usar un tallo como este ou unha pequena mesa pregable. Podes mantelo para sempre con decoración enriba ou, simplemente, pechalo e gardalo cando non o usedes.

Coloca todo o necesario para pasar un momento agradable en familia sen saír da casa, ou sen entrar? 

E unha zona para as bebidas fresquiñas!

 

Outra opción é crear un recuncho para as bebidas que complemente o das comidas. De feito, unha boa idea é facer un especialmente para os peques e outro para os adultos. No dos nenos, a limoada é unha gran idea, mentres que a vós quizais vos apeteza máis un cóctel ou outras cousas. Se apostas por renovar a cristalería de exterior, debes saber que os vasos IVRIG, grazas ao seu gran cáliz redondo, son ideais tamén para servir viño tinto. Por que? Porque teñen unha forma que contribúe a que os aromas e os sabores do viño se volatilicen e se aprecie mellor a súa calidade. Que che parece?

Se queres máis ideas para a túa terraza ou xardín de cara á chegada da primavera, non perdas estes artigos. Estamos seguros de que che encantarán!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter presente que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.