Saltar

Decorar con coxíns: trucos para unha decoración económica e sostible

Encántanos renovar a decoración da casa. Ademais, cos produtos axeitados non che sairá nada caro. Por iso, se queres dar un toque diferente ao teu fogar de xeito económico e sostible, estas ideas para decorar con coxíns seranche moi útiles. Aínda que non o creas, estes cómodos accesorios poden marcar a diferenza en estancias como a sala de estar ou o dormitorio. Imos aló!

Cambiar os coxíns do sofá ou a cama creando con eles diferentes combinacións de cores pode supoñer un gran sopro de aire fresco. Como diciamos, é un xeito moi económico de conseguir ese efecto renovador que desexas para a túa casa; ademais, apenas che levará tempo. ;

As claves para acertar? Ter en conta o resto de elementos da estancia e o efecto que desexas conseguir. Por exemplo, se na sala de estar predominan as cores neutras, poderás xogar con moitos estampados e cores, pero se hai un estilo ou ton protagonistas, terás que optar por coxíns dunha gama acorde, para conseguir o equilibrio. A continuación, vemos diferentes opcións sostibles e ao mellor prezo.

Decoración con coxíns estampados e lisos

Combinar coxíns estampados con monocromáticos é unha das nosas opcións favoritas para unha decoración equilibrada. Como ves na foto, neste caso trátase dunha sala de estar na que o sofá é de cor marrón, polo que convén que o estampado dalgún dos coxíns teña tonalidades semellantes que funcionen como nexo de unión.

Como peza protagonista escollemos a funda FRANSINE con motivos aztecas en cores cálidas e terrosas, que queda moi ben co sofá. Ademais, entre as súas cores tamén está o azul, o que nos permite usar esta cor noutras fundas lisas para xerar contraste, pero sen perder o equilibrio cálido que buscamos. O estampado é ideal tanto para casas rústicas como modernas, e non só é unha funda preciosa, senón que tamén é respectuosa co medio ambiente, xa que está composta nun 50 % por la, un material renovable. ;

Decoración con coxíns para viaxar sen saír da sala de estar

Fíxate na foto e elimina mentalmente os coxíns. Perdería moita vida, verdade? A isto nos referimos cando dicimos que os coxíns poden ser pezas clave na decoración dunha estancia (ademais de resultar moi agradables). ;

Neste caso, trátase dunha sala de estar na que predominan os tons claros, como o branco roto e a cor madeira. Por iso, un coxín monocromático nunha cor que resalte, como a mostaza, xunto con outro cun estampado nas mesmas tonalidades é unha aposta segura que encherá o cuarto de personalidade. ;

A peza protagonista é a funda TILLTALANDE con palmeiras e camelos, inspirada en Xordania, que, xunto ao resto da decoración, nos leva alí. O mellor? Trátase dunha funda de coxín que agocha un propósito social, xa que se teceu á man na empresa social Jordan River Foundation, que proporciona un salario estable a mulleres artesás xordanas e refuxiadas sirias. Non hai dúas fundas iguais, xa que as artesás elixen as cores e onde colocar cada bordado. Ademais, está feita 100 % de algodón procedente de fontes sostibles. Pódese pedir máis?

Decoración con coxíns reversibles con detalles especiais

 

Xa falamos dos estampados e as cores, pero que hai da textura ou dos detalles decorativos? Se buscas un coxín que sexa aínda máis especial e diferente, pode que un deseño como o da funda KLARAFINA sexa ideal para ti. ;

Esta funda, ademais de levar borlas decorativas, ten cores e texturas diferentes por cada lado, para que poidas cambiar a decoración segundo o momento e, sobre todo, para que sintas que os teus coxíns son únicos. Pero isto non acaba aquí porque, ao igual que a funda anterior, tamén ten un propósito social. Neste caso, fabricárona de xeito artesanal emprendedores sociais en Uttar Pradesg e Raxastán, na India. ;

Tamén é 100 % de algodón e, de novo, cada peza é única porque está feita á man. Require poucos coidados e, como ten cremalleira, é moi sinxelo retirala para lavala na lavadora cando sexa necesario. Achegará un toque ideal tanto á e ao sofá. ;

Decoración con coxíns en tonalidades neutras

Es fan da sinxeleza no referente á decoración? Tamén temos moitas opcións para ti, e a un prezo moi económico. En IKEA contamos cunha gran variedade de fundas de coxíns en tonalidades suaves, como o branco roto, o beixe, o gris ou o rosa empoado. Cores que combinarán á perfección coa roupa de cama ou o sofá, así como co resto da decoración da estancia.

Iso si, para cumpriren mellor a función decorativa que lles queres dar, aconsellamos combinares varios, como na foto.

E se queres que destaquen un pouquiño máis, podes apostar por un deseño como AINA, que cumpre co requisito de ter cores neutras, pero leva lazos nun dos lados, o que lle dá un aquel romántico moi acolledor. Como ves na foto, podes amosar os lazos ou escondelos, como queiras, así que, se cansas, só tes que lle dar a volta.

Algo máis? Ah, si! É 100 % de liño, un material que, ademais de achegar naturalidade, tamén é moi decorativo.

Decoración con coxíns multicolor

Para rematar, algo totalmente oposto ao anterior: deseños creados para os amantes das cores potentes que queren que a súa casa transmita moita enerxía a través da decoración.

Por un lado, HANNELISE, cun estampado multicolor máis forte, e, por outro lado, STENMÄTARE, cun estampado multicolor máis suave, ambas fundas feitas 100 % de algodón procedente de fontes sostibles. Funcionan á perfección tanto xuntas como separadas e son ideais para combinar cun gran número de cores, dende o amarelo ata o rosa, o laranxa ou o azul, entre outras. Así que, se algún destes tons predomina no dormitorio o na sala de estar da túa casa, estas fundas encaixarán á perfección!

Iso si, tanto na cama como no sofá, se queres ter bastantes coxíns, a nosa recomendación é combinares estes con outros lisos nalgunha desas cores, para o resultado ser rechamante, pero non recargado.

Agora que xa viches todas as posibilidades dos coxíns á hora de decorar a casa, a que agardas para conseguir uns cantos? Seguro que, cando o fagas, te preguntarás por que non o fixeches antes. E se quedaches con ganas de aprender máis trucos de decoración para renovar a casa a bo prezo, velaquí deixamos varios artigos que che poden interesar.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan revender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.