Como volver decorar a túa casa de verán por pouco diñeiro
A casa de verán, as pontes e as fins de semana son ese espazo que sempre relacionamos con sensacións positivas: descanso, vacacións, relax e desconexión. Por iso, aínda que vaias pouco, merece unha decoración coidada que che faga sentir ben.
Estamos seguros de que máis dunha vez pensaches en darlle un aire novo á túa casa de verán: mudar algúns mobles, a decoración, os téxtiles ou os detalles. Este é o momento perfecto para volver decorar a túa casa de verán por pouco diñeiro!
Renovar o salón con detalles
Comezamos pola estancia máis relevante de calquera fogar: o salón. Este é o espazo no que máis tempo pasamos, quer na nosa primeira vivenda quer na nosa casa de vacacións. Como volver decorar o salón gastando pouco diñeiro? É moi sinxelo!
- Marcos: saca todas esas fotos e láminas que están collendo po nos caixóns e enmárcaas. Se as que tes colgadas son moi antigas, renóvaas: cambia a foto, o marco ou ambos. Novo aspecto para as paredes e estantes do salón!
- Plantas artificiais: nunha casa de vacacións é complicado ter plantas naturais, a non ser que vaiamos todas as fins de semana. Por iso, recomendamos as plantas artificiais, colocadas en bonitos testos que combinen co resto da decoración.
- Candeas: converte o teu salón nun espazo máis acolledor colocando candeas en puntos estratéxicos, como a mesa de centro ou os estantes. E se son aromáticas, aínda mellor. Un recendo delicioso para esta época do ano é o arando vermello con rosas. Mmmmm…!
- Pequena decoración: se aplicares estes consellos de decoración e, ademais, engadires outros detalles, como mudar as fundas dos coxíns, os floreiros ou as lámpadas, terás un salón que lucirá coma novo por pouco diñeiro!
Refresca o teu dormitorio este verán
O dormitorio é outra das áreas máis importantes que debemos ter en conta na nosa casa de verán. As noites máis cálidas poden ser un pouco menos sufocantes se refrescas esta estancia a través da lixeireza dos téxtiles, a sinxeleza e unha decoración minimalista, entre outros detalles:
- Sinxeleza e minimalismo: prescinde de todas esas cousas que acumulaches co paso dos anos e que agora só serven para coller po. Opta pola doazón ou a restauración para ser máis sostible co medio ambiente e co teu peto!
- Roupa de cama branca ou en tons claros para dar elegancia e amplitude ao dormitorio. Ademais, é a cor por excelencia do frescor e do verán.
- Respecto á roupa de cama, non podemos deixar de recomendar os téxtiles de algodón para transpiraren o mellor posible. En IKEA só utilizamos algodón cultivado de xeito responsable: con menos auga, menos fertilizantes e menos pesticidas, ao tempo que aumenta as marxes de beneficio dos agricultores.
- Neste “lavado de cara” do dormitorio, introduce pequenos detalles realizados con materiais naturais que che axuden a atopar o equilibrio e a naturalidade desa zona, como o bambú ou o ratán: as alfombras, as cestas ou as lámpadas son bos exemplos.
Cambia os téxtiles do baño
Do mesmo xeito que sucede co dormitorio, o baño tamén é unha zona que pode cambiar radicalmente a través dos téxtiles, e dunha maneira moi económica.
Quizais é o momento de converter esas toallas vellas en trapos (non as tires!) e apostar por renovar os xogos de toallas e albornoces. Opta por cores pastel ou máis vivas, como rosa, turquesa ou verde. Se fores máis tradicional, o branco e o azul mariño sempre serán un acerto no teu baño.
Ademais das toallas, mudar a cortina da ducha ou a alfombra de baño axudarache a darlle ese aire novo á túa casa de verán.
Iluminación de terraza
A iluminación da terraza tamén mudará radicalmente o seu aspecto por pouco diñeiro. Pódeslle dar un aire renovado coas nosas lámpadas de iluminación solar en formato grilanda, coas de teito ou coas de mesa. Tanto ten a terraza que teñas. Esta gama de iluminación adaptarase sen problemas ás túas necesidades e aos teus estilos.
Personaliza os teus mobles para darlles unha segunda vida
Por último, non queriamos deixar de recordar o importante que é dar unha segunda vida aos mobles. É posible que, co paso do tempo, aborrezas de como loce a túa mesa, pero por que tirala?
Aquí tes un bo exemplo de como personalizar a nosa famosa mesa LACK para darlle unha segunda vida, un aire novo. Non o perdas!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.