Saltar

Como decorar un balcón para escapar da rutina

Vivir nun piso e ter un balcón ou unha terraza pequena é un verdadeiro alivio. O certo é que, a pesar de seres espazos reducidos a simple vista, podemos introducir elementos que consigan facer deste recuncho un lugar no que nos apeteza pasar o noso tempo. Só necesitarás unhas plantas, unha mesiña, algunhas cadeiras e anotar os trucos que propoñemos. 

Non perdas estas ideas para crear un balcón onde poder escapar da rutina diaria! Non necesitas gastar moito diñeiro para conseguires un espazo acolledor e sostible; un lugar que che axude a volver conectar coa natureza e a relaxarte, mesmo na cidade. Demostrámoscho! 

Conxuntos de mesas e cadeiras para exteriores diminutos 

O de estar de pé no balcón non parece o máis cómodo, non si? Por iso, cremos que é fundamental contar cunha mesiña e, ao menos, un par de cadeiras para almorzar, comer ou cear de marabilla. O mellor para aforrar é conseguir un conxunto de mesa e cadeiras de exterior. É moito máis económico que compralas por separado!

Non é necesario facer un gran desembolso para ter un espazo agradable no que gozar desas mañás e noites de verán. Momentos nos que estar dentro da casa é o que menos apetece. 

Unha pequena horta urbana e sostible

Sabes que cultivar plantas pode axudar a reducir o estrés e mellorar a túa felicidade? E iso non é todo! O cultivo permítenos levar un estilo de vida máis sostible e saudable, ben como abastecernos a nós mesmos, aínda que sexa polo miúdo, como neste caso.

Hai moitas plantas aromáticas ideais para cociñar que poden ter cabida no teu balcón ou terraza pequena, e que non requiren demasiados coidados. O que si debes facer é informarte ben sobre como mantelas correctamente e comezar por distinguir unha información sinxela pero fundamental:  

  • Plantas anuais: só teñen unha tempada de cultivo ao ano. A alfábega, o aneto e o coandro son plantas deste tipo.  
  • Plantas perennes: teñen follas todo o ano, aínda que no inverno e no verán poden resentirse un pouco polas temperaturas extremas. Por exemplo, a lavanda, o romeu ou o tomiño.  

Seguir un estilo de vida máis sostible farache máis feliz. Diso estamos seguros.  

Un xardín no balcón: deséñao en vertical

Cando temos un balcón ou unha terraza moi pequena, podemos chegar a pensar que as plantas non teñen cabida. Pois ben: calquera espazo de exterior, sexa grande ou pequeno, necesita plantas. E non só as flores aromáticas que viamos antes. Tamén plantas tradicionais, con ou sen flores, grandes, pequenas… De calquera tipo!

Por iso, a nosa recomendación é que adquiras un estante coma este para ir colocándoas en vertical e aproveitar mellor os metros cadrados en altura. Neste recuncho tamén pode situarse a horta urbana.  

Ademais, sabías que as plantas axudan a refrescar o ambiente de xeito sostible? Régaas á noite e verás como a temperatura da túa terraza descende un par de graos. 

Grilandas de luces para noites de balcón

As grilandas de luces son a mellor opción para decorar e iluminar un balcón ou terraza pequena. Dependendo do espazo que tiveres, podes optar por unha das seguintes opcións:  

  • Luces solares de teito
  • Luces solares de mesa
  • Grilandas de luces solares

Todas son da nosa gama SOLVINDEN! Levan lámpadas LED e cargan durante o día para iluminar ata 12 horas seguidas. Sabías que a luz LED consome ata un 85 % menos de enerxía e dura 10 veces máis que as lámpadas incandescentes tradicionais? 

Antes de marchar, non perdas este artigo: 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.