Saltar

Decoracións de festas recicladas para Aninovo

Grilandas, luces, adornos, caixas e papel de regalo: úsaos de forma diferente para crear as túas decoracións para Aninovo.

Decoración de paredes, adornos de mesa e rosetóns de papel reciclados de decoracións de festas como caixas de regalo prateadas, adornos e papel de regalo.
Decoración de paredes, adornos de mesa e rosetóns de papel reciclados de decoracións de festas como caixas de regalo prateadas, adornos e papel de regalo.
1. Decora as paredes con luces e grilandas. Usa unha ou dúas grilandas luminosas para poñer ‘Feliz Aninovo’ ou o teu lema para o novo ano. Podes usar chatolas, cravos ou fita adhesiva para colocar as decoracións. Envolve as grilandas luminosas coas grilandas típicas do Nadal, de forma que a frase se vexa tanto coa luz acendida como apagada.

2. Crea un fondo con rosetóns feitos con papel de regalo. Corta o papel e faille dobras en forma de acordeón. Logo dóbrao pola metade para encontrar e marcar a parte central. Pon fita adhesiva arredor da parte central. Estende os extremos ata conectalos. Grámpaos para unilos. Para crear un maior impacto crea rosetóns de diferentes tamaños e con distintos deseños de papel. Colócaos como fondo xunto con etiquetas de regalo brillantes.

3. Decora a mesa con adornos e caixas baleiras. Garda as caixas de regalo e os envoltorios. Deixa as caixas tal cal ou píntaas ou fórraas coas cores da túa festa. Corta buratos nas caixas para esconder os colgadoiros. Tes moitos adornos? Pégaos todos xuntos para facer un centro de mesa!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Emma Parkinson
Fotografía: Andrea Papini
Texto: Marissa Frayer