Saltar

Decoración de Nadal orixinal: viste a túa casa de gala este Nadal!

A túa casa tamén pode (e debe) vestir de gala para recibir estas festas, pero non todo está escrito. Fíxate nesta decoración de Nadal orixinal para sacar moitísimas ideas.

Tes previsto recibir o novo ano con champaña? Temos algunhas ideas elegantes pero accesibles.
Tes previsto recibir o novo ano con champaña? Temos algunhas ideas elegantes pero accesibles.

Agora que temos estas datas tan especiais á volta da esquina, moitos xa pensamos como decorar a casa de Nadal para que todo adquira un aire especial. Imos ver unha serie de complementos e detalles que che axudarán a elixir unha decoración de Nadal orixinal e elegante. Non o perdas!

Decoración diferente que amose como es

O Nadal trae consigo festa, celebración. Por que non demostralo dun xeito diferente? Proba cunhas caixas de presentación BARKHYTTAN, que che permiten cambiar a túa pequena "exposición" en apenas uns segundos, polo que podes deixalas durante todo o ano e ir cambiando o seu interior dun xeito supersinxelo. Así terás un salón estacional, dedicado a diferentes épocas ou momentos especiais.

Durante estas datas podes colocar moitísimos tipos de decoración de Nadal no seu interior, pero nós recomendámosche que vaias un paso máis alá e apostes pola orixinalidade. Vas poñer uns zapatos moi especias en Noitevella? Ensínaos! Que tal unhas piñas do xardín pintadas con spray dourado noutra das caixas? E os complementos de festa como plumas ou antefaces?

A nós encántanos que demostredes todo o que podedes saber sobre unha auténtica decoración de Nadal orixinal... 

Iluminación elegante e acolledora para cada recuncho

A iluminación dun entorno inflúe moitísimo no estado de ánimo. E durante estas festas pasamos por moitas emocións e sensacións: dende alegría ata morriña e nostalxia polas persoas que xa non están connosco.

Unha iluminación neutra á par que acolledora é a que transmiten as lámpadas EVEDAL e FADO. As súas formas orgánicas e o vidro afumado dos seus cristais funcionan moi ben soas ou se se agrupan varias delas.

Non todo ten que ser grilandas de luces ou candeas de cores. Tamén podemos optar por lámpadas que non só nos acompañarán durante esta época, senón todo o ano. 

Téxtiles aptos para unha gala

Os téxtiles axúdannos moito a vestir os espazos de cara a unha ocasión especial. Téxtiles como os dun repousapés FÄRLÖV ou os do coxín SANELA, coas súas ocres apagadas (tendencia esta tempada) e un brillo aveludado, axúdannos a crear o ambiente de festa perfecto. Unha boa idea é mesturalos con padróns xeométricos ou algo brillante para rematar.

Podes gardalos para ocasións especiais na casa ou mantelos durante uns meses. Que non decaia! 

Unha mesa–bandexa para os aperitivos máis especiais

Non todo son grandes comidas ou ceas na casa: durante estas datas tamén teñen lugar moitos aperitivos con amigos e familia. E para estes momentos é xenial contar cunha mesa complementaria como esta. Unha mesa GLADOM é unha mestura ideal de presentación e funcionalidade.

Ademais de ser pequena e versátil, xa que pode moverse a calquera lado con total facilidade, é incriblemente bonita como mesa auxiliar no salón durante todo o ano. Ollo! A bandexiña que está na parte inferior engadímola nós: é unha bandexa GLATTIS que che axuda a ter un espazo extra para outras bebidas ou vasos.

Atréveste cunha pirámide de copas?

Sabemos que é algo que dá un pouquiño de medo levar a cabo. Pero dinos se o resultado non che parece absolutamente espectacular!

A pesar de que parece algo complicado, non o é tanto. Vaise construíndo por capas: dende a base, máis ampla, ata acabar cunha soa copa enriba. Asegúrate de que cada copiña se apoie con total seguridade nas que están abaixo, de tal xeito que poidas apreciar un oco en forma de diamante entre elas cando as mires dende enriba.

Presentación en plena floración

Os arranxos florais poden presentarse de moitas formas. Se tes a sorte de que che sobren flores despois dunha festa, podes facer arranxos propios. Os vasos de vidro (e os floreiros) maximizan o efecto visual.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.