Decoración de oficinas: como montar unha oficina no salón.
Tes a sorte de poder traballar dende a casa? Entón interesaranche estas ideas para montar unha oficina na casa práctica e cómoda.


Como montar o estante perfecto para traballar
Aforra espazo dedicando unha parede ao almacenamento para todos os elementos esenciais da túa oficina. Podes mesturar caixas, bandexas, caixóns e andeis da mesma cor para crear un estante personalizado e único. Recomendámosche tamén que etiquetes os arquivos e caixas, así poderás manter todo organizado e será máis doado atopar calquera papel ou documento. Unha idea para optimizar espazo é almacenar os artigos máis grandes, como rolos de papel, a través dos soportes dos estantes. Nesta ligazón poderás atopar artigos de almacenaxe para os teus documentos moi útiles para calquera oficina ben organizada.
Elixe mobles flexibles para traballar e para o ocio
Un espazo de traballo flexible pode ser moi recomendable para a túa comodidade e para mellorar a túa produtividade. Investir nun soporte de pé, como o tallo axustable NILSERIK, fará que mellore a túa postura para que poidas manterte máis activo. A altura do tallo pode modificarse facilmente para que coincida coa altura do escritorio con só premer os botóns de debaixo do asento. Ademais, ten función xiratoria e o seu asento acolchado é mol e cómodo.
Cadeiras pregables para as reunións
Podes ter asentos pregables pendurados con ganchos na parede, así aforrarás espazo e poderás contar cunha cadeira adicional para cando teñas reunións, tanto laborais como sociais. Tamén che recomendamos que optes por plantas naturais para brindar unha sensación de benestar e tranquilidade ao teu espazo de traballo e tamén, por exemplo, para atenuar a liña entre a oficina e o salón.
Crea unha estación de traballo móbil
Move a túa oficina ao redor do teu fogar para seguir a luz natural ou gozar dunha vista inspiradora. Esta unidade de almacenamento sobre rodas pódese empregar como un escritorio de pé. Ten laterais de rede imantada onde podes enganchar cables ou notas recordatorias. Cun moble con rodas deste estilo podes levar o traballo a calquera parte da casa; por exemplo, se estás enfermo ou enferma e non queres erguerte da cama, neste estante podes ter o esencial e levalo ao dormitorio. Tamén che recomendamos que teñas na casa algunha mesa auxiliar que poidas usar dende o sofá se queres desconectar un anaco da oficina, como o soporte para portátil BRÄDA ou o soporte portátil VITTSJÖ.
Accesorios intelixentes que nos facilitan o traballo
Cando o espazo é limitado, temos a opción de elixir mobles e accesorios flexibles con extras ocultos. Imaxinas unha lámpada que ademais de iluminar o teu espazo de traballo che permita cargar o teu teléfono? Pois a base desta lámpada tamén é un cargador de móbil sen fíos: tan só tes que colocar o teléfono enriba. Ademais, tamén ten un porto USB por se prefires enchufar un cable de carga.
Se precisas máis ideas para montar a túa oficina na casa temos moitos outros exemplos e opcións que che poden ser útiles. Recomendámosche que leas o noso
artigo sobre Como deseñar un espazo de traballo ergonómico ou mira este vídeo para crear a túa oficina na casa nun santiamén.
