Saltar

Decoración de Nadal para todos os recunchos da casa

Hai decoración, como a árbore de Nadal, que é protagonista nestas datas. Pero, que pasa co resto dos recunchos? Existe decoración de Nadal IKEA para todos eles, e nós ensinámoscha!

Accesorios dourados e luces nunha mesa redonda contra un fondo vermello escuro.
Accesorios dourados e luces nunha mesa redonda contra un fondo vermello escuro.

Dende agradables coxíns de pel de ovella ata luces LED decorativas, a nova colección VINTER 2018 ten accesorios de inverno para que os teus plans sexan máxicos, tanto se son grandes como pequenos. Non o perdas!

A decoración forma parte da celebración

As celebracións de inverno poden parecer moi curtas, pero é unha gran alegría prepararse para elas e gozar delas día a día. 

A colección VINTER 2018 está chea de pequenos obxectos e accesorios ideais para crear escenarios marabillosos para ti mesmo e os teus convidados: dende decoracións de árbore ata servizos de mesas e luces. Ademais, os accesorios tamén se poden utilizar como ideas de agasallo accesibles para ter un detalle coa familia e amigos. 

Se dubidas entre que tipo de tonalidades elixir para ti na túa decoración do fogar (e de mesa), aquí tes algúns sinxelos consellos: 

Se te sentes máis identificado co estilo minimalista, elixe entre tons de branco xeo e azul claro. 
 
Sé valente e xoga cos estampados de inverno en tendencia como tartán e flores escuras se buscas un estilo 100 % á moda.
 
 Sigue a tradición elixindo téxtiles e decoracións nos tons típicos da tempada: verde, granate e ouro, ideais para os máis clásicos. 

A decoración de Nadal vai máis aló dos típicos adornos

Adoitamos pensar que vestir a nosa casa nestas festas é facelo con decoración tipicamente de Nadal: árbores, o nacemento, figuriñas de Papá Noel, renos… En fin! Se isto non vai demasiado contigo, que saibas que existen outras moitas opcións. Tamén as colores e os padróns que eliximos din moito acerca do momento do ano que estamos vivindo. 

Decántate por tons que, aínda que inspiren esta época do ano, tamén poidan perdurar no teu fogar durante meses: verdes, azuis escuros, vermellos, motivos xeométricos... 

O que non deberías deixar a un lado é a iluminación, daralle á casa un toque moi acolledor! Podes elixir entre os distintos modelos de lámpadas que temos ata dar coa que máis vaia contigo: do máis de Nadal ao máis minimalista. 

Detalles tradicionais que se reinventan

Se es un auténtico amante do Nadal ao máis puro estilo clásico, estamos seguros de que na túa casa non poden faltar as cores verdes e vermellas, as piñas, as grilandas de luz, as bólas decorativas… 

Iso si, podes actualizarte dándolle unha volta aos elementos de toda a vida! Aquí tes unhas cantas ideas que esperamos que che sirvan de inspiración: 

 

  • Árbores que tamén queren vestirse de Nadal: por que decorar unicamente o interior da nosa casa? Se tes un xardín ou unha terraza con árbores ou plantas grandes, non dubides en amosarlle a todo o mundo o teu espírito de Nadal colocando unhas cantas grilandas de luz enredadas.
  • Grilandas e bólas que saen da árbore de Nadal: As típicas grilandas de ouropel, as bólas de Nadal e os adornos poden saír da árbore e comezar a decorar outros recunchos da casa, como a cheminea. Tamén podes poñelas na cabeceira da cama ou deixalas caer sobre o moble da televisión.   
  • Unha caixa de natureza invernal: esta idea parécenos moi sinxela de facer e ideal para colocar no dormitorio, salón ou recibidor. É tan fácil como coller unha caixiña de madeira ou vimbio e encher o fondo con musgo. Despois engádelle unhas cantas piñas naturais e uns adornos de Nadal que che gusten. Se queres, podes acabar enredando no interior ou ao redor da caixa unha grilanda de luces.

Unhas luces cálidas e escintilantes farán que a tempada sexa máis brillante. E coas cadeas LED e decoracións para mesa, podes facer que as túas preparacións brillen 20 veces máis tempo que coas bombillas normais.