Decoración de bufardas: inspiración e consellos
Dá unha nova oportunidade á túa bufarda, aínda que sexa un pouco complicado conseguilo. Nada é imposible! Os teitos baixos ou os desniveis poden facer que a decoración de bufardas sexa todo un reto.
Pero admíteo: quen ten unha bufarda ten un tesouro. Son habitacións con moito encanto. Seguro que é a zona preferida por todos, xa sexan grandes ou pequenos. Así que poñámonos mans á obra e vexamos ideas para decorar bufardas. Preparados?
Ideas para decorar bufardas
Primeiro debes tomar conciencia de que a túa bufarda ten certas limitacións. Non todas son iguais nin teñen o mesmo espazo. Non é o mesmo decorar bufardas pequenas ou unha cun teito baixo. Cada unha é diferente e única, e por iso gustan tanto.
A pesar das súas limitacións de espazo ou de altura, se sabemos como decorar unha bufarda diáfana, pode chegar a converterse nun marabilloso dormitorio, nunha fantástica zona de xogos ou nun novo e moderno salón con altofalantes wifi e moito máis. Mesmo pode chegar a ser unha bufarda con cociña ou baños. Todo é posible!
Busca mobles que che axuden a gañar centímetros aos desniveis do teito. Podes conseguilo coas sistema de almacenaxe ALGOT para un axuste á medida do teu espazo.
É cuestión de medir ben o oco e de ir xogando coas diferentes alturas dos mobles.
Elixe un estilo natural para a túa bufarda
Se che gustan o estilo e a decoración natural, rústica e con madeira, a túa bufarda non podía ser menos. Podes cubrir o teito con madeira ou deixar as vigas vistas.
Ao decorar unha bufarda de teito baixo, ten en conta que canto máis clara sexa a madeira, maior será a sensación de amplitude que dea.
Se non tes a sorte de contar con vigas, xogar con materiais naturais en alfombras ou mobles axudarache a dar ese toque que buscas na decoración da túa bufarda.
Tamén podes engadir unhas plantas para esas pinceladas de verde que tanto gustan e decoran o espazo.
O branco crea unha maior sensación de amplitude
Ao decorar bufardas pequenas, recomendámosche escoller o branco como cor predominante.
O branco permíteche optimizar cada raio de luz natural que entre pola bufarda. Desta forma, verase máis luminosa e ampla. Mesmo se queres engadir unha pouca de cor, con téxtiles ou escritorios en madeira. O resultado será estupendo.
Dálle moita cor!
A pesar de que o branco ofrece luz, se che gusta darlle cor ás túas habitacións, a bufarda tamén é o lugar onde atopalo. En especial, se a túa bufarda vai ser o lugar de xogo dos nenos.
A cor e as propostas que aproveitan o teito inclinado son xeniais para colocar a estrutura TROFAST para gardar xoguetes, por exemplo.
En calquera caso, a túa bufarda pode converterse nun lugar onde almacenar mellor as túas cousas, con mobles que aproveiten o desnivel do teito.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.