A decoración da árbore de Nadal está aquí
Se hai algo que indica que o Nadal xa chegou é a árbore de Nadal, con permiso dos Beléns e as luces de Nadal que alumean as rúas. É o momento en que quen máis, quen menos, se reúne con familiares ou amigos, días de cea e comidas farturentas, e un tempo de permanecer no fogar, porque vai moito frío fóra.
A falla de luz nas tardes de inverno convídanos a iluminar as nosas casas por dentro, con luces de Nadal e cunha espléndida decoración de árbore de Nadal. Quer este o primeiro ano que decides montar a túa árbore, quer xa leves toda a vida facéndoo, imos facer que te decidas por unha decoración de Nadal que realmente sexa túa. E ademais podes facer que o Nadal invada cada curruncho da túa casa decorando tamén as túas fiestras, portas, manteis e mesmo debaixo dunha mesa.
A decoración da árbore, sexa como for, pero sempre túa
As tendencias en árbores de Nadal sempre están en IKEA. Quer estilos máis tradicionais quer máis nórdicos, se es máis das árbores de Nadal minimalista ou mesmo só decorados con iluminación... Ah! E se che gusta facer os adornos da túa árbore á man ou es dos máis innovadores... Todos os estilos en decoración da árbore de Nadal están aquí.
Árbore de Nadal estilo nórdico
Unha das tendencias máis de moda ultimamente e onde IKEA é experto polas súas orixes nórdicas. A decoración da árbore de Nadal nórdica adoita ser unha decoración minimalista e con certo estilo rústico. A mesa e a iluminación tamén pode acompañar o estilo nórdico da túa árbore de Nadal.
Clásicos que nunca morren
- O ouro e a prata son tendencia todos os Nadais. Digamos que son cores típicas destas datas e na árbore sempre quedan moi elegantes.
- O vermello é Nadal en estado puro. Pai Nadal utiliza esta cor por algunha razón. Así que se optares por decoración da árbore de Nadal en vermello seguro que atinas. Até o resto da decoración do teu salón pode acompañala.
- O vermello e o branco tamén son unha combinación clásica nas árbores de Nadal decoradas que son tendencia ano após ano. Usa as clásicas bólas de Nadal en ambas cores para conseguilo.
Cando menos é máis
Ben seguro que entre as árbores de Nadal 2019 encontraremos as árbores máis minimalistas. Aquelas que non precisan moitos adornos. Usa poucos adornos para a árbore de Nadal minimalista, ningún, ou só as luces para decorala.
Crea os teus propios adornos
Sempre que a creatividade flúa polos poros da túa pel, sabes que podes centrala en crear adornos para a árbore de Nadal e, por que non, o resto da decoración. Pensaches en facer un centro de mesa? Mira que idea máis sinxela de facer:

A túa tamén será unha das árbores de Nadal orixinais que máis van destacar este 2019.
Sigue coa tendencia natalicia e non pares ata deixar todo o salón decorado cun ambiente 100 % natalicio.
Mira como podes decorar o teu salón en Nadal nun intre:
