Dámosche a benvida á tenda IKEA máis sostible do mundo
Desde a súa apertura en febreiro, IKEA Greenwich, en Londres, recibiu a certificación BREEAM de excelencia, o maior premio á construción sostible. "A tenda alcanza o seguinte nivel en sostibilidade, non só no seu deseño e arquitectura, senón tamén porque se construíu pensando na comunidade local", afirma Helen Aylett, xefa da tenda IKEA Greenwich.


Unha experiencia en tenda envolvente
Nun mundo de compras dixitais, a orixinalidade de IKEA Greenwich motívate a ir á tenda. "Queremos animar e dar ideas aos londinenses para que leven unha vida máis sostible no fogar con obradoiros e actividades", di Helen. As atractivas e frecuentes demostracións e presentacións de produtos convidan aos visitantes a mergullarse nos produtos IKEA á vez que adquiren coñecementos expertos.
Deseñada para estimular o benestar
"A tenda creouse pensando na comunidade local e ofrece espazos distintos e instalacións flexibles que se poden utilizar de balde, mesmo unha pérgola e mais un xardín", explica Helen. Dáselle prioridade ao benestar dos clientes e colaboradores, ao que axuda un gran número de plantas e clases de ioga e meditación para todos.
Un destino ecolóxico e acolledor
O espazo é un centro de encontro, de intercambio, de aprendizaxe e de compras. Os espazos comúns son flexibles para o traballo, o lecer e as actividades en grupo. E, na medida do posible, os mobles están fabricados de materiais naturais, renovables e reciclados, e unha gran cantidade de luz natural entra a través das grandes fiestras.
Presentación dos innovadores laboratorios de aprendizaxe
O laboratorio de aprendizaxe da tenda ofrece obradoiros e actividades nos que apuntarte para aprender a reducir residuos, reutilizar materiais e reciclar de xeito creativo. Queres saber como rescatar os mobles vellos ou transformar produtos e téxtiles antigos en novas creacións? Podes aprender sobre reciclaxe creativa de coxíns, e asistir a clases de costura e reparación de mobles.
Comprometidos coa difusión comunitaria
Ser unha forza positiva para o cambio na comunidade local é a cerna do espírito de IKEA Greenwich. Os proxectos abrangueron o apoio a un parque ecolóxico próximo, clases de cociña gratuítas e abertas con cociña en directo e mais o traballo con escolas locais para compartir experiencias sobre cultivo, alimentación e aforro de enerxía. "Queremos poñer en primeiro lugar as necesidades da xente", di Helen.
Un exemplo destacado de arquitectura sostible
Cunha cualificación BREEAM de 90,44 %, o edificio leva a sostibilidade no seu ADN: enerxía supereficiente e renovable procedente de paneis solares, iluminación LED, recollida de auga da choiva e materiais de construción renovables. Tamén conta cun sistema de enerxía xeotérmica para a calefacción e refrixeración, e os xardíns contribúen á vida silvestre do lugar.
Unha tenda que ben vale unha celebración
IKEA Greenwich xa é oficialmente o espazo comercial máis sostible do Reino Unido. "Este é un gran paso no noso compromiso a prol dun impacto positivo sobre o medio, a comunidade local e os nosos clientes", di Helen. É fácil chegar en transporte público, así que a próxima vez que vaias a Londres, por que non pasas e o comprobas en persoa?
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.