Saltar

Crea un espazo no que poidas respirar

A gran cantidade de aspectos que poden afectar ao sono pode dar medo, como mínimo. Non te estreses pensando no que facer e no que non, e céntrate no esencial. O importante é que durmas nun lugar cómodo, nunha habitación na que a luz, o son, a temperatura e o aire sexan os adecuados. Con iso en mente, só se pode ir a mellor. Deixa que o aire e a natureza entren no teu dormitorio (ou non).

Unha muller, rodeada de plantas, dorme nunha cama tapizada HAUGA, coa funda do edredón con motivos de cadros.
Unha muller, rodeada de plantas, dorme nunha cama tapizada HAUGA, coa funda do edredón con motivos de cadros.

Un bo momento para purificar o aire

O aire limpo pode ser de moita axuda para aumentar a calidade do teu sono. Para conseguilo, podes empregar plantas que filtren o aire ou as cortinas GUNRID. Non son só bonitas e axudan a crear unha atmosfera acolledora, senón que tamén purifican o aire e melloran a temperatura do interior. Como? Grazas á súa superficie a base de minerais, que reacciona á luz natural e captura os contaminantes do aire. Trátase dunha forma renovada e sinxela de limpar o aire do teu fogar sen empregar aparellos electrónicos nin complexos sistemas de filtración.

Proba almofadas suaves

Se dormes de lado ou boca arriba, escolle unha almofada alta; se o fas boca abaixo, utiliza unha baixa. O importante é que a cabeza e o pescozo teñan o soporte adecuado. En calquera caso, a almofada LUNDTRAV achega a suavidade idónea. Están recheas de plumas e penuxes que, xunto co tecido de algodón, permiten que o aire circule e que a temperatura se manteña.

Acomódate cos téxtiles

Os téxtiles son a clave para que a comodidade do dormitorio sexa a adecuada. Ademais, ofrecen a posibilidade de decorar as veces que sexa necesario sen necesidade de coller unha soa brocha. Ao mesturar e combinar as cores, os deseños e as texturas, poderás crear o teu paraíso terreal e cambialo por completo cando queiras.

Un bo día para quedar na cama

Gústache ler na cama? Almorzarías tódolos días nela se puideses? Adoitas traballar sen erguerte dela? Se ese é o caso, a comodidade será moito maior ao apoiarte contra unha cabeceira tapizada e suave coa cantidade exacta de coxíns.

Pousa os pés nunha comodidade artesanal

A alfombra de la RESENSTAD, grosa e de tecido plano, dálle calidez a calquera espazo. Elabórana á man artesáns cualificados da India e Bangladés, polo que non hai dúas iguais.