Cores para o salón: ideas e inspiración
Non hai mellor maneira de inspirarse en cores para o salón que vendo ideas e imaxes de salóns. Así que en IKEA puxémonos mans á obra para amosarche as infinitas combinacións de mobles e cores para paredes que podes achar.
A chave está en saber combinar todos os elementos, sofás, mesas, lámpadas, alfombras... e as cores que máis che gusten.
Escoita a María Martín, unha das interioristas de IKEA, que nos conta uns consellos para decorar o salón.



Vídeo: Como decorar o salón en 6 pasos
Escolle a cor que vai predominar no salón e engade toques de cor do espectro de cores oposto. Procura non combinar demasiadas cores ou o resultado será caótico.”
Jenny Gyllensten, interiorista.
En IKEA temos un feixe de propostas para creares o salón que queres. Acomódate, imos ver todas as cores para salón que poidas imaxinar. Encontra o salón dos teus soños!
1. Salón branco
O salón de cor branco é un clásico que nunca falla nin pasa de moda.
As paredes brancas xogan moi ben o seu papel en deseños elegantes, industriais e cun toque mariñeiro.
É o caso deste salón, onde o branco contrasta con mobles e chan escuros, e o toque de cor natural no estante, cadeira e cestos.
Outro exemplo é o deste salón tipo industrial. Neste caso o chan en cor claro dálle todo o protagonismo aos mobles.
Podemos cheirar a brisa do mar neste salón branco e con decoración de fibras naturais. O sofá tamén branco dálle equilibrio e paz ao teu salón. Unha soneca?
Un salón branco tamén pode ser o lenzo onde debuxar un salón alegre e con estampados coloridos.
2. Salón gris e branco
O salón de cores gris e branco é dos salóns que máis elegancia, paz e gabanzas recibe entre todas as cores para paredes que hai. As súas propostas son moi flexibles e funcionan ben cunha morea de mobles.
É o caso deste salón gris e branco, onde todo o peso recae no sofá branco, unha invitación clara para o merecido descanso.
3. Salón gris
Entre as cores para o salón que che propomos non podía faltar o salón gris. Se o elixes nun gris claro como este, podes darlle protagonismo ás túas obras de arte.
4. Salón beixe
Se non queres trabucarte, o camiño seguro pode ser un salón beixe. As paredes e os mobles en beixe xogan moi ben cos vermellos, que poden contrastar tanto en mobles como en alfombras, como é o caso deste salón.
O beixe está presente nos materiais naturais que poden crear salóns tan acolledores coma este.
5. Salón laranxa
A calidez e a enerxía son os sinais de identidade dun salón laranxa. O laranxa combina moi ben con cores azuis na alfombra, como neste salón.
6. Salón vermello
O vermello pode ser a cor predominante do teu salón, ou pode darlle un toque especial que o faga realmente único. Por iso en IKEA propoñémosche que o teu salón vermello empregue mobles, decoración e complementos, coma nestes dous exemplos.
7. Salón verde
O verde é a cor da esperanza, e o teu salón verde non podería ser máis sosegado e tranquilo se decidires combinar os mobles verdes coas paredes tamén desa cor.
Mais se non queres arriscar todo a unha cor, sempre podes empregar o verde en detalles, como no sofá, para marcar unha personalidade ben definida.
8. Salón azul
Un salón azul é moi versátil e combina moi ben con cores neutras ou pastel, como este salón da imaxe.
Pero o azul tamén combina moi ben con mobles escuros e decoración sobria e atemporal.
9. Salón negro
O salón negro pode ser moi impactante, pero dado que é unha cor neutra, combina moi ben cos mobles que escollas, e é un lenzo perfecto para decorar sobre el.
Viste o teu salón negro cun sofá de pel cor natural e sorprende os teus convidados.
Agardamos que todas estas ideas fosen de axuda para escolleres a cor que queres para o teu salón. Se precisas máis inspiración, lembra que tes moitos máis exemplos na nosa galería de salóns.