Saltar

Converte as salchichas vexetarianas nun dos teus pratos favoritos nas churrascadas

Andas a argallar a próxima ocasión para cociñares ao aire libre no verán? Xa están á venda as salchichas vexetarianas KORVMOJ, repletas de ricas verduras, na Tenda de Alimentación Sueca. Leva á casa un paquete e proba estas saborosas receitas.

Salchichas nunha tixola, leitugas e hortalizas, e un envase de bocadillos de salchichas nunha táboa de madeira.
Salchichas nunha tixola, leitugas e hortalizas, e un envase de bocadillos de salchichas nunha táboa de madeira.

1. Unha versión sen carne da clásica salchicha para facer á grella

Para 10 persoas
Ingredientes
10 salchichas vexetarianas KORVMOJ
10 pans de bocadillo
Cebola torrada ROSTAD LÖK
Mostaza granulada SENAP GROV
Xucrute
Dúas cuncas de azucre branco
Unha cunca de agua
Unha cunca de vinagre
Lombarda cortada fina

Preparación

  1. Primeiro, prepara o xucrute. Bota o azucre, a auga e o vinagre nunha pota e pona a ferver. Pon a col nun bote KORKEN e éncheo co líquido. Pecha a tapa e deixa que macere durante 1 semana.
  2. Prepara as salchichas KORVMOJ segundo as instrucións do paquete.
  3. Tosta lixeiramente os pans nunha grella.
  4. Bota unha salchicha por cada pan. Os convidados poden condimentar os bocadillos con cebola torrada, mostaza e xucrute ao seu gusto.

2. Salchichas vexetarianas KORVMOJ con puré de cabaza e cereais

Para 4 persoas
Ingredientes
1 cebola
1 kg de cabaza, pelada e cortada en cubos
1 l de caldo de verduras
Sal e pementa
250 g de mestura de cereais BÄSTISAR con champiñóns
8 salchichas vexetarianas KORVMOJ
Aceite vexetal para fritir
200 ml de col de follas ou repolo finamente picados
4 culleradas de mostaza granulada SENAP GROV
6 cm de ravo picante fresco

Preparación

  1. Corta a cebola en 4 anacos e enfórnaos ata que amolezan.
  2. Ferve a cabaza no caldo ata que amoleza.
  3. Bate a cabaza cun batedor de man e sazona con sal e pementa.
  4. Prepara os cereais segundo as instrucións do paquete.
  5. Prepara as salchichas vexetarianas seguindo as instrucións do paquete.
  6. Frite anacos de 2-3 cm de salchichas vexetarianas nun pouco de aceite coa col de follas.
  7. Para servilo, coloca todos os ingredientes nun prato.
  8. Termina poñendo enriba o ravo picante relado.
As salchichas vexetarianas KORVMOJ son unha opción máis sostible que comprace a todos: vexetarianos, veganos, flexitarianos e calquera que goce da boa comida".

David Johansson, desenvolvedor de alimentos de IKEA

3. Tortilla de salchicha vexetariana KORVMOJ con aguacate e chile

4 racións
Ingredientes
1 cebola morada
8 salchichas vexetarianas KORVMOJ
2 aguacates maduros
4 rebandas de pan brando fino BRÖD TUNNBRÖD
1 cullerada de chile en anacos
Cebola torrada ROSTAD LÖK
Salmoira
50 ml de vinagre branco forte
100 ml de azucre
150 ml de auga
Mollo
100 ml de pirixel picado
50 ml de aneto picado
3 dentes de allo
Zume e tona relada de ½ limón
100 ml de aceite de oliva suave

Preparación

  1. Primeiro, mestura os ingredientes da salmoira nun recipiente ata que se disolva o azucre.
  2. Corta a cebola morada en rodiñas finas e bótalla á salmoira. Déixao mariñar cando menos unha hora.
  3. Mestura os ingredientes para facer o mollo no batedor.
  4. Prepara as salchichas vexetarianas seguindo as instrucións.
  5. Coloca medio aguacate en rodiñas sobre cada rebanda de pan; logo ponlle enriba os demais ingredientes, o mollo e a cebola morada.
  6. Dobra as esquinas inferiores da rebanda de pan para facer un roliño.

Leva para a casa o teu petisco favorito da tenda

O ano pasado, IKEA lanzou as súas salchichas vexetarianas nos bistrós das tendas como parte do cambio a prol dunha proposta de alimentación máis saudable e sostible. Xa podes gozar deles na casa. Feitos con lentellas vermellas, quinoa, cenoria e col de follas, e dispoñibles en paquetes de 10, atoparás as salchichas de verduras KORVMOJ na sección de conxelados da Tenda de Alimentación Sueca. Podes preparalas á grella, fritidas ou ao forno para conseguir unha saborosa comida rápida e saudable.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.