Saltar

Consellos para un dormitorio acolledor: relaxación con materiais naturais

Ponte cómodo nun dormitorio cheo de materiais naturais, luz e cores coordinadas. Bótalle unha ollada a como os mesturamos para crearmos un dormitorio onde acurruncharte e relaxarte de onde non quererás saír.

Un dormitorio rústico cunha estrutura de cama HEMNES negra-marrón, unha cesta de vimbio, pel de ovella no chan e teitos de madeira en mansarda.
Un dormitorio rústico cunha estrutura de cama HEMNES negra-marrón, unha cesta de vimbio, pel de ovella no chan e teitos de madeira en mansarda.
O confort é algo persoal; porén, algunhas cousas tenden a que a xente se sinta cómoda, como estar rodeado da sensación de natureza. Elixe unha estrutura de cama de madeira maciza (a da cama HEMNES é de piñeiro) e cúbrea con téxtiles naturais de algodón ou liño que transpiren e absorban a humidade para manterte cómodo. Cubre o cuarto con suavidade con alfombras en todos lados, mesmo un coxín de pel de ovella sobre a túa cadeira de brazos favorita.

Crea un ambiente de tranquila harmonía coa luz axeitada para o que estás a facer e como te sentes. Usa cortinas para controlar a luz do día. As de liño a listas teñen unha textura lixeiramente irregular, polo que a luz pasará a través delas, pero tamén che dará privacidade. Pon lámpadas xunto á cama que poidas dirixir para ler e emprega lámpadas de teito para a luz xeral. Deseguido, acende un misto e crea ambiente cunha ou dúas candeas perfumadas.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Mette Thoresen
Fotografía: Sandra Werud