Consellos destacados para unha vida sostible
En IKEA cremos que todos e todas temos a posibilidade de reducir o noso impacto no medio ambiente. Velaquí algunhas ideas sinxelas para que poidas empezar a poñelas en práctica no teu día a día na casa. Toma nota e axuda ao planeta!
Os pequenos pasos marcan unha gran diferenza
IKEA ten un obxectivo: inspirar e facer que millóns de persoas en todo o mundo vivan mellor ao mesmo tempo que coidamos o planeta. É unha meta moi ambiciosa, e para conseguila precísanse pequenos cambios nos nosos hábitos. "Usar opcións máis sostibles, xa sexa con lámpadas LED ou co cultivo das túas propias herbas aromáticas, adoita traducirse noutras vantaxes, como un aforro de tempo ou diñeiro", explica Joanna Yarrow, directora de vida sostible e saudable de IKEA.
Outro xeito de reducir a pegada de carbono é optar sempre por alimentos e produtos sostibles e ecolóxicos. É dicir, que no seu proceso de elaboración e produción se respecten o medio ambiente e o traballo das persoas que os elaboran.
Volverse vexetariano tres días á semana podería reducir a túa pegada de carbono un 9%. As albóndegas vexetarianas de IKEA son un xeito saboroso de facer algo mellor polo planeta.
Cociña de aproveitamento
Proba a cociñar un día para toda a semana e utiliza recipientes de almacenaxe, como a gama IKEA 365+, para gardar a túa comida no frigorífico ou no conxelador. Deste xeito, só precisarás cociñar un día ou dous á semana, co que aforrarás enerxía e desperdiciarás menos, pois terás as racións preparadas previamente para cada comida nas friameiras.
Recicla sempre
Un sistema de reciclaxe modular na túa cociña non ocupa moito espazo e é o mellor xeito de ser máis respectuoso ou respectuosa co medio ambiente. Outra opción poden ser os caldeiros encastelables. Nas nosas tendas, atoparás moitas opcións de caldeiros para reciclar, así que non tes escusa!
Podes reducir a túa pegada de carbono co que xa tes á man. Todos saímos gañando: melloramos a nosa vida ao mesmo tempo que xeramos un impacto positivo no planeta.”
Joanna Yarrow, directora de vida sostible e saudable de IKEA
Cambia as túas lámpadas por LED
Escolle solucións duradeiras e ecolóxicas. As lámpadas LED consomen menos electricidade e duran ata 20 anos. O uso dunha batería recargable podería evitar que 1500 baterías desbotables vaian parar a un vertedoiro.
Outro xeito de aforrar electricidade na casa é utilizar electrodomésticos cunha eficiencia enerxética A++. Por outro lado, usar unha placa de indución tamén reduce este gasto, máis que os outros tipos de cociñas. Todos estes cambios teñen o seu impacto no teu peto e no planeta.
Aforra auga
Intenta ducharte en menos de tres minutos para reducir o consumo de auga ata 50 litros ao día. Porén, se che leva un pouco máis de tempo, as billas e as duchas IKEA axúdanche a reducir o consumo de auga nun 50%.
Precisas máis ideas e consellos para unha vida sostible? Temos moitos máis! Velaquí deixamos unha pequena selección:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, cómpre lembrar que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.