Consellos básicos para unha decoración de estilo natural

Tres coxíns con padróns diferentes e cores suaves sobre un sofá de ratán natural nun salón.

Consellos básicos para unha decoración de estilo natural

Aproveita as boas vibracións do estilo natural para desconectar por completo no teu fogar. Esquece o móbil durante unhas horas e mergúllate neste paraíso da calma e o relax. Amosámosche uns consellos básicos para aplicar o estilo de decoración naturalista á túa casa.

Hai decoracións que non só se ven, senón que tamén se senten e palpan. Iso é o que máis nos gusta dos materiais naturais: que teñen personalidade e vida propia. Gustaríache poder decorar a casa así? 

Deseguido dámosche unhas ideas e consellos de decoración para que poidas crear aínda que sexa un recunchiño con esta tendencia para esta primavera.  

Explora o pracer dos materiais naturais

Vivindo nun mundo tan puramente dixitalizado, abrazar o físico é esencial para volvernos atopar a nós mesmos e non perder o benestar. Neste sentido, os materiais naturais axúdannos en gran medida. O xunco mariño, o algodón e a madeira vella son algúns dos moitos exemplos de materiais que conforman o estilo de decoración natural ou naturalista. Son agradables ao tacto, quedan xenial na casa e, aínda por riba, son máis sostibles que moitos outros materiais.

Alfombras naturais 

Unha alfombra pode ser ese detalle que estás buscando para darlle á túa casa un estilo moito máis natural e acolledor. Neste recunchiño empregamos o modelo LOHALS, unha alfombra confeccionada con xute, un material moi duradeiro e reciclable. Así que, se o día de mañá cansas dela ou precisas cambiala, poderás facelo dun xeito respectuoso co ambiente.  

Consello: non esquezas pór embaixo un protector antiescorregante para evitares accidentes.  

Se queres ver a variedade de alfombras de xute e feitas á man, preme aquí

Caixas únicas

As caixas, ademais de útiles, son un complemento perfecto para calquera zona da casa. As que están feitas de materiais naturais, como as que aparecen na imaxe (as FRYKEN) son moi especiais e únicas. O xunco mariño co que están feitas ten variacións naturais de cor, polo que nunca poderás atopar dúas co mesmo deseño. Tendo en conta isto, e que están feitas á man, non nos cabe dúbida de que son unha opción perfecta para decorares a casa cun estilo natural. 

Se non te convencen as caixas, sempre podes optar polas cestas. Por exemplo, a nosa FLÄDIS tamén está feita á man e de xunco mariño. Ah! E se tes unha KALLAX, seguro que as cestas KNIPSA lle dan un toque moito máis natural, ademais de seren estupendas para gardares cousas dentro e que todo quede ordenado.  

Téxtiles naturais cunha textura especial

Os materiais naturais son perfectos para os téxtiles, xa que ademais de seren moi favorecedores, teñen un tacto que non se pode pasar por alto. As texturas da roupa de cama, das alfombras ou dos propios coxíns invítannos a sentir a súa suavidade. A rugosidade e frescura que desprenden fan que sexan un básico indispensable para este estilo de decoración natural. 

Desde o resistente ramio ata o tecido de algodón. Estes son téxtiles dos que se rodear, non só para as necesidades racionais, senón tamén para as emocionais. 

Que che pareceu? Esperamos que che servise de inspiración para darlle á túa casa ese estilo de decoración natural que tanto nos gusta cando chega o bo tempo. Se quedaches con ganas de máis ideas, non perdas o seguinte artigo para descubrir que nos trae a nova tempada primaveral deste 2020.

Encántanos que os nosos clientes se poñan creativos cos nosos produtos. Próbao! Pero lembra que cambiar ou modificar os produtos de IKEA de maneira que non se poidan vender ou utilizar consonte a súa finalidade orixinal, implica a perda da garantía comercial de IKEA e o dereito de devolución.