Saltar

7 consellos útiles para unha festa na terraza

O verán trae canda si moitísimos plans coa familia e os amigos, e ter terraza é todo un privilexio! A túa terraza ou xardín son o sitio perfecto para unha pequena festa na que os convidados se sintan como na casa. Os detalles son o máis importante neste tipo de celebracións, por iso queremos ofrecerche estes 7 consellos útiles para una festa na terraza.

Todo sairá á perfección!

1. Crea un espazo acolledor

 

O máis importante dunha festa ou celebración que inclúa unha comida ou cea e cócteles (e o que xurda) despois é crear un ambiente agradable no que os nosos convidados se sintan como na casa. Por iso decidimos a mesturar mobles antigos, texturas e cores, para crear unha atmosfera distendida e acolledora. Faino doado usando cousas que xa teñas na casa!

Por outra banda, aínda que sexa verán, aconsellámosche que poñas alfombras para crear un ambiente máis acolledor en xeral. Por último, usa colchas e coxíns para facer máis cómodos os asentos de exterior de xeito que se poida pasar neles todo o tempo que se queira sen que doian as costas.

2. Un centro de mesa personalizado

 

Unha das cousas que máis chaman a atención e importan á hora de vestir a mesa para unha festa ou celebración especiais é o centro de mesa. Podemos facelo con moitísimas cousas distintas, pero a nosa recomendación é que sexa temático. Que quere dicir isto? Pois que vaia acorde coa decoración ou o tema da festa, ou incluso que sirva de fío condutor. Por exemplo, nesta festa que che amosamos, o centro de mesa vai acorde co menú elixido. Así, usamos como centro de mesa unha estrutura de varios cestos con plantas aromáticas e hortalizas que nos parece chulísima!

3. Un carriño no que cabe de todo

 

Unha das mellores opcións para organizar á perfección a nosa festa, comida ou celebración con amigos é contar cun carriño con rodas que nos permita levar as cousas facilmente dun lado a outro. Que podemos poñer nel? O que mellor nos veña: vasos e copas, panos de mesa, a comida que queiramos levar dende a cociña ou todo á vez! Para iso, podemos usar cestos e caixas de organización, sobre todo se o noso carriño non ten protección polos lados. Así teremos todo organizado e ao alcance da man para que cada un colla o que necesite cando o necesite.

4. Cestos de organización para complementos

 

Como che diciamos no punto anterior, se metes as bebidas nun cesto de arame no carriño, despois poderás poñelas na mesa dun xeito superfácil e os convidados poderán collelas eles mesmos. Tamén é xenial para levalas de volta á cociña cando haxa que repoñelas. Estes mesmos cestos serven para meter os aperitivos, os panos de mesa ou calquera outro complemento para a celebración.

5. Detalles que fan a diferenza

 

Xa o diciamos ao principio: os detalles fan a diferenza! Por iso, recomendámosche que poñas pequenos detalles pola mesa adiante, seguindo sempre coa temática elixida. É unha festa de aniversario? Podes poñer fotos do homenaxeado suxeitas con pinzas nos panos de mesa. É unha festa por un embarazo? Pon pequenos peúgos decorando a mesa ou un mantel con temática infantil. Nós, na nosa festa vegana, eliximos unha decoración con espárragos trigueiros e brócoli. Non é xenial?

6. A importancia da luz ambiente

Cando caia a noite, usa lámpadas alimentadas con batería para crear un ambiente máis acolledor; son moi prácticas para lugares nos que non hai enchufes, como as zonas amplas de exterior. Nós eliximos lámpadas colgantes solares e grilandas de iluminación LED que poden deixarse fóra todo o verán. Só tes que personalizar o ambiente escollendo a túa decoración favorita.

7. Non pode faltar unha barra de cócteles!

 

Rematamos a nosa lista de consellos cunha cousa que non pode faltar en ningunha festa que se prece: os cócteles! Iso si, como son un pouco complexos de preparar, a cada persoa gústanlle dun xeito distinto, etc., recomendámosche que poñas unha barra na que cada un poida servirse ao seu gusto o xeo, o limón, o refresco… E a gozar da festa!

Iso si, antes de marchar, non perdas….

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.