Como organizar unha "festa de pixamas" cos nenos
Quen dixo que unha festa de pixamas só se podía organizar nunha ocasión especial ou se convidamos aos amigos dos nosos pequenos? Que va! Agora que temos moito tempo para estar en casa cos nenos, a creatividade aflora por todas partes. E acaso hai algo máis divertido que unha festa de pixamas con nenos? Imos ver como podedes montar a esmorga máis grande sen movervos da casa... Vano pasar moi ben! (E vós tamén).


1. Fai unha bolsa, aínda que non saiades da casa
Quen di que unha festa de pixamas sen saír da casa non pode empezar como empezan todas? Facendo unha bolsa para pasar unha noite superdivertida con todo o necesario! Da igual se decidides facela no salón ou no dormitorio dos pequenos, o importante e que fagan unha bolsiña con todo o que lles faga falla para ese rato tan divertido que ides pasar en familia. Algunhas ideas:
- Lambetadas (imprescindibles)
- Lapis de cores e cadernos
- Pixama
- Unha lanterna
- Unha mantiña
- Un xogo de mesa
- Un (ou varios) contos
- Algo para beber: un zume, un batido... Un día é un día!
2. Creamos un forte?
Aos nenos encántalles facer as súas propias "casiñas", meterse dentro de algo... En definitiva, crear espazos nos que xogar. O feito de construír no salón ou no dormitorio un pequeno forte no que poder pasar esta noite de festa de pixamas xa é toda unha aventura en si mesma.
Como podedes facelo? Dámosche algúns consellos!
- Moi sinxelo: poñendo unha saba grande sobre a mesa do comedor para que colgue o suficiente como para agacharse debaixo. E debaixo, precisamente, podemos colocar uns cantos coxíns, colchonetas ou mantas.
- Tamén podes utilizar os respaldos de varias cadeiras como “paredes”, de tal forma que os asentos queden cara fóra. Cara ao interior do forte, coloca coxíns para que sexa mol. Por riba, de novo precisaremos unha saba ou un nórdico que faga de teito. E no chan, máis sabas, coxíns ou colchonetas, como na imaxe que ves arriba. Dan ganas de meterse!
3. Forte de día, cama de noite.
Outra idea máis! Neste caso, este tipo de colchóns lixeiros ou colchonetas que quizais teñades pola casa, poden moverse facilmente, así que tamén se pode xogar con eles e que formen parte do forte que queremos montar.
Os nenos poden dobralos para a súa festa de pixamas ou estiralos para convertelos nunha cómoda cama. Cando haxa que levantarse, deslízaos debaixo da cama e listo.
4. Chegan novos convidados á nosa festa de pixamas!
Quen dixo que non podiamos traer convidados coa que estamos enleando? Dilles aos pequenos que traian todos os seus amigos do cuarto: peluches, bonecos, xoguetes… O que máis lles guste! Xa estamos todos, temos a bolsa lista e o forte no que refuxiarnos e gozar completamente preparado…
QUE EMPECE A FESTA!
5. Mil e un plans para festas de pixamas con nenos
Que facemos agora? Pois gozar! Cos nenos nunca se sabe, así que é mellor ter ideas en mente para esta festa de pixamas que acabamos de montar na casa. Estes son só algúns dos plans que podedes facer dentro e fóra dese forte que acabades de montar, o límite é a vosa imaxinación!:
- Lectura de contos
- Mímica
- Xogar ás sombras chinesas
- Maquillaxe sen espello
- Concurso de canto
- Adiviñar películas
- Xogar a xogos de mesa refuxiados no forte
- Contar contos de medo coas lanternas
- Guerra de almofadas
A durmir!
Á hora de durmir, se o forte é suficientemente cómodo, por que non lles deixades que durman nese espazo que eles mesmos crearon? Se prefiren ir á súa camiña, entre todos desmontaredes o forte, até a próxima festa.
Iso si, non esquezades facer unhas fotos para lembrar esta tarde/noite tan especial en familia. É importantísimo quedar sempre co positivo!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.