Instrucións para crear e regalar sementeiros individuais
A primavera é a época perfecta para cultivar. Descubre como facer o teu propio sementeiro na casa e regalar aos teus seres queridos un anaquiño de natureza para que leven aos seus fogares. As sementes xerminarán como por arte de maxia.
A xardinaría ou o cultivo de plantas e flores é unha das afeccións máis entretidas que existen. De feito, ten uns beneficios excelentes para a saúde, xa que reduce o estrés, axuda a exercitar a mente, aumenta a autoestima e fai que sexamos moito máis positivos, entre outras moitas vantaxes. Que che parecería poder regalar todo isto a quen máis queres?
No seguinte artigo, ensinámosche a crear substratos individuais con sementes para que deas á túa familia e aos teus amigos un agasallo orixinal que mellora o medio ambiente. Non o perdas!
1. Crea un substrato fértil
Para crear os nosos sementeiros, antes debemos preparar o substrato.
O substrato é un dos materiais máis usados para cultivos e serve para reter a agua e os nutrientes que as plantas precisan para medrar. Neste caso, nós imos utilizalo como base na que transportar e xerminar as sementes, do mesmo xeito que faciamos no cole co algodón. Para logralo, comezaremos facendo anaquiños pequenos dun pano de mesa de papel.
Consello: usa un cunco para facer toda a mestura.
2. Remollar e coar
Para seguir con este método de xerminación, o seguinte paso será botar un pouco de auga sobre a polpa de papel e deixala a remollo.
Despois, pasa a mestura polo coador para retirar a maior parte do líquido. O que nos interesa é que a masa quede húmida, pero non mollada. Podes utilizar unha culler para remover e escorrer mellor a masa do substrato.
3. Forma os discos
Para facer as particións, reparte a polpa húmida que creamos de xeito uniforme en recipientes redondos.
Por exemplo, nós usamos algo tan sinxelo como un molde de madalenas para o forno. Cunha capa fina será máis que suficiente.
Esparexe as sementes que queiras por enriba mentres a polpa siga húmida para que se adhiran e deixa que o papel seque ao aire (non o quentes).
4. Difunde a alegría
Xa tes o teu sementeiro cheo de poder vexetal, pronto para colocalo nun soporte con terra onde poida ser regado e xermolar.
A nosa proposta é que acompañes o sementeiro dalgún detalle extra. Podes usar un cordón para decorar os agasallos e darlle un toque aínda máis especial. É perfecto para regalos temáticos que teñan que dar os seus froitos.
Que che pareceu? Proba este novo xeito de regalar e fai que os teus seres queridos experimenten os beneficios do coidado das plantas e flores.
Se queres seguir inspirándote con máis temas de xardinaría, cultivo ou vida sostible, bota un ollo á recomendación final de artigos.
E se queres algo máis rápido e visual, recomendámosche que botes unha ollada a este vídeo curto cun exemplo práctico de como facer un horto urbano na casa en pouco tempo.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.