Saltar

Como vestir unha mesa de verán

Ata unha pequena reunión pode converterse nunha ocasión especial se poñemos unha mesa bonita e estival! E é que agora, nesta época do ano, as comidas con amigos e familia permítennos amosar toda a nosa creatividade á hora de vestir a mesa. Non fan falla grandes esforzos, nin luxos nin decoracións ostentosas. Queremos mostrarte este exemplo para que saibas como vestir unha mesa de verán. Unha pista: os materiais naturais e os tecidos de cores claras son sempre unha boa opción.

Esperamos que che gusten e che inspiren!

Como elixir a vaixela de verán

Como combinar a vaixela

Cando escollemos a vaixela para vestir a nosa mesa, poden pasar dúas cousas: que empreguemos os pratos que temos para o día a día, ou que acudamos á vaixela que temos gardada para as grandes ocasións. Ben, pois por que non combinalas? Por que non xogar cos estampados e as cores? Estamos en verán!

Cando elixas a túa vaixela, non te preocupes demasiado por atopar un conxunto completo que combine. Unha mestura de debuxos diferentes nos cuncos e pratos fondos e chans cun tema parecido darán un toque máis creativo ao encastelalos uns sobre outros.

Como crear unha grilanda de plantas ou decoración natural para a mesa

Dálle un toque de natureza á mesa

Á hora de vestir unha mesa de verán, as flores son imprescindibles. Podes introducilas de moitos xeitos distintos, pero estar teñen que estar! 

Nesta proposta que estamos a ver, no canto de mercar un ramo que adorne a mesa, démoslle un toque caseiro, ao recoller flores do xardín para poñelas nun vaso no centro. Outros pequenos talos atámolos cun cordón; así, creamos unha grilanda moi sinxela e preciosa.

Elixas a forma que elixas, as flores e a natureza teñen moito que dicir na túa mesa de verán.

Conxunto de vasos de cristal azuis e copas de viño transparentes.

Cristalaría: vasos e copas de cores estivais

A cristalaría é un dos puntos fortes de calquera mesa e, en verán, pode ser unha moi boa opción. Por que? Porque, ás veces, esquecemos que temos ao noso alcance opcións que van máis aló das típicas copas e vasos transparentes que sempre empregamos.

A nosa recomendación para a túa mesa de verán é que sigas a combinar e innovar a través das cores e os materiais. Como? Aquí tes algunhas ideas!

  • Vasos de cores que recordan o mar: o azul na nosa mesa queda precioso!
  • Vasos en cores que combinen coas flores que elixises para a ocasión: rosas, verdes, amarelos... Non teñas medo de elixir tonalidades rechamantes.
  • Busca o equilibrio a través de copas de viño transparentes sen cor pero que teñan algún tipo de gravado ou detalle que as faga especiais. 

Mantel: tecidos que contrastan e combinan

Se hai algo fundamental á hora de vestir unha mesa, é o mantel ou a súa ausencia. Non pasa nada se non queremos colocar un mantel na nosa mesa de verán, se preferimos que sexa algo máis informal. Pero dentro do percorrido e contexto que estamos a seguir, o certo é que, grazas ás teas, verase máis atractiva de inmediato.

Tamén podes combinar un camiño de mesa de fibras naturais con manteis de liño e encaixe para dar un toque actual a un mantel de carácter máis tradicional, ou optar por manteis de fibras naturais (neste caso, individuais para cada comensal). 

O resultado é unha mesa elegante, estival, acolledora e actual. Encántanos!

E agora que xa tes a mesa posta, non perdas o seguinte:

Unha mesa acolledora ideal para comer con familia ou amigos durante este verán.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.