Saltar

Como ordenar o armario e aproveitar ao máximo o espazo

Cando mudamos de tempada e comezamos co cambio de armario, decatámonos da cantidade de roupa que xa non utilizamos, que está demasiado usada ou, pola contra, toda aquela que queda ao fondo coa etiqueta posta e que non usamos tanto como deberiamos. Tamén de que quizais temos poucos estantes para camisetas e xerseis e, non obstante, demasiado espazo nas guías. 
 
Por iso, o cambio de estación é o momento perfecto para pensarmos como ordenar o armario e aproveitarmos ao máximo o espazo do que dispoñemos.  
 
Toma nota das nosas ideas e consellos para ordenar o armario! 

Armarios pequenos e abertos: como aproveitalos

 

Un armario que transmita sensación de amplitude e confort non require necesariamente moito espazo: o máis importante é o xeito no que usamos cada centímetro dispoñible. 
 
Se queres comezar a ordenar o armario comeza por pensar se estás a facer ben as cousas en canto á distribución deste. Como? Imos paso a paso:  

  1. Saca toda a roupa e baléirao.
  2. Aproveita para limpar o fondo e perfumalo, para a roupa de inverno ou verán (segundo a tempada de cambio) ser recibida con moito luxo.
  3. Consigue unhas poucas caixas para clasificar roupa e calzado e pensa se podes redistribuír o espazo do armario dun xeito máis eficaz que o actual. Sigue lendo para ver como organizar caixas no armario. 

Perchas, estantes e caixas: como organizar o armario

 

Como dicimos, nun armario teñen cabida moitísimos tipos de pezas, accesorios e complementos. E cada variante ten unha forma perfecta de colocarse dentro deste lugar se sabemos como organizar o armario para aproveitar o espazo. 
 
Por iso é tan importante darlle a cada cousa o seu lugar perfecto:   

  • A roupa que máis poñas, nos andeis máis baixos e nas barras accesibles. Ao alcance da man!
  • A roupa que menos uses (de festa ou para ocasións especiais, etc.) nas zonas máis altas, xa que non será tan habitual que accedas a elas.  
  • Tamén podes meter nas partes máis altas as mantas ou os xerseis que máis ocupan en caixas de tea ou en bolsas herméticas para ocuparen menos e así aproveitar ao máximo cada centímetro.
  • Pequenos complementos (colares, aneis, cintos...) en caixas pequenas ou noutras grandes con clasificadores para que non se mesturen.
  • Zapatos en caixas ou expostos. En andeis podes poñer os que máis uses normalmente ou ese par tan especial que che apetece ter á vista de todo o mundo. 

Queres completar e visualizar estas ideas? Estamos seguros de que si, por iso recomendamos que non perdas este vídeo:

Pensaras algunha vez na utilidade das bolsas de tea?

 

Non importa se é para o cambio de armario despois do verán ou o inverno, ou para facer a coada, a roupa necesita certa clasificación. Garda algo de espazo no teu armario para un conxunto de bolsas de roupa coma este, que, ademais de ser obxectos de decoración, son moi útiles. 

Funcionan igual de ben para unha sesión de clasificación unha vez ao ano como para a división diaria de brancos e cores. Para colocalas só che fan falta un par de colgadoiros, mesmo detrás da porta do armario teñen cabida! 
 
Ademais, podes levalas ata a lavadora facilmente grazas ás asas que ten. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.