Como reciclar os teus mobles antigos
Moitos temos mobles antigos na casa, no noso apartamento de verán ou da vila, que semella que quedaron vellos ou están algo desgastados. Tamén pode ser que, simplemente, esteamos un pouco cansados do seu aspecto e nos apeteza renovalos para facer a nosa casa máis acolledora. Por iso, queremos ofrecerche estas ideas para saber como reciclar os teus mobles antigos: pintándoos, dándolles novos toques ou cubríndoos dalgunha forma.
Darlles unha nova vida é marabilloso non só polo aforro que supón para o noso peto, tamén porque deste xeito evitamos danar o medio ambiente.
Esperamos que che gusten!
Pinta unha cómoda de madeira
Pintar unha cómoda é unha das solucións máis fáciles e versátiles que podemos realizar. Nós fixemos este exercicio con RACK, que xa que é preciosa por si, pero imaxina se aínda por riba a pintas! Aquí tes algúns consellos para facelo:
- Antes de nada, escolle un sitio amplo, despexado e ventilado para pintar a túa cómoda de madeira.
- Prepara a madeira para que reciba ben a pintura: podes aplicar un produto especial para iso.
- Sabías que a madeira de piñeiro é unha das máis fáciles de pintar? Nós recomendámosche pintura acrílica e podes elixir entre acabado mate e satinado.
- As cores a elixir dependerán do resto de tonalidades do teu cuarto, pero esta opción que che presentamos encántanos! As tonalidades pastel e as formas xeométricas conseguiron un resultado súper acolledor.
- Dálle máis dunha capa se quixeres un acabado cunha cor máis potente.
Personaliza superficies con cristal...
Outra opción que nos fascina á hora de reciclar ou personalizar mobles antigos, en especial mesas, é mudar ou protexer a superficie cun cristal ou un papel adhesivo: si, como o da parede!
Neste primeiro caso o único que terás que facer é encargar un cristal á medida da túa mesa co debuxo que máis che guste ou completamente transparente. Pensa que canto máis grande sexa o debuxo sobre o cristal ou a cor do mesmo, máis imperfeccións da mesa orixinal poderás tapar.
ou papel adhesivo
E se non queres complicarte encargando un cristal que cubra toda a mesa e desexas poñerlle remedio ao teu moble antigo pola túa conta, tes unha alternativa moito máis sinxela: forralo con papel adhesivo. Vai recortando o papel para as diferentes partes do moble, quer unha mesa de centro, como esta LACK, quer unha cómoda ou unha mesa auxiliar. Sigue as instrucións do fabricante para pegalo.
Mira máis ideas para personalizar unha mesa LACK!

Renova os tiradores: opción en pel
Parece mentira o importantes que son os tiradores de mobles antigos para luciren dunha ou doutra maneira. Sobre todo os da cociña! Adoitan estragarse moito co paso dos anos, e son capaces de mudar radicalmente o aspecto da nosa cociña en función non só do seu estado, senón tamén da súa estética: non hai máis que ver este exemplo! Se quixeres unha opción máis acolledora e rústica podes decantarte por tiradores como os desta foto, de pel.
Tiradores en aceiro inoxidable
Se o que buscas é que a túa cociña luza máis moderna, esta é outra opción ideal. Ademais, estes tiradores, ao estar feitos de aceiro inoxidable, duran moito tempo e son moi fáciles de limpar. Só che fará falla un pano húmido con deterxente suave e secalos ben. Ademais, ao ser tan longos, son moi cómodos de abrir e pechar.
Renovar o teu sofá gracias á súa funda
Un sofá desgastado pode facer que desluza un salón ao completo. Por iso, se o teu sofá for vello, non fai falla que o tires nin o tapices. Pensaches no fácil que é velo como novo grazas a unha funda? Son moi doadas de poñer e quitar, lavables á máquina e podes elixir a cor que máis vaia co resto da decoración do teu salón.
Recomendámosche que lle botes unha ollada ó noso proxecto Salvemos os mobles. Xuntos podemos dar un futuro mellor aos mobles antigos. Todos merecemos unha segunda oportunidade!
E se che interesa este tema, sigue navegando e lendo estes artigos:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.