Como organizar o armario dunha vez por todas
Sempre é un bo momento para organizar o armario. E o certo é que, que pracer ver toda a roupa e complementos ben ordenados! Por iso, imos darche uns sabios consellos para ordenar o armario con organizadores de interior para armarios, como a percha de pantalón extraíble que ves na foto.
Comecemos!



Se tes un minuto, proba a ver este vídeo onde che contamos uns consellos rápidos para saber como organizar o teu armario nun chiscar de ollos.
Como ordenar un armario en 5 pasos
Vaiamos por partes. Organizar o armario é toda unha arte que se pode aprender. Menos mal! Se te preguntas como organizar un armario pequeno ou os prácticos armarios de esquina, con estes 5 consellos poderás ter un armario organizado, quer grande, pequeno ou de esquina. E o mellor de todo, será un armario para lucir, mesmo se te decantas polos armarios tipo roupeiro, con porta ou sen ela. Palabra.
Paso 1. Ordenar dunha vez por todas
É algo que farás dunha vez e con toda a túa roupa. Nada de medias tintas, aínda que tardes máis dun día, faino canto antes para ver axiña os resultados. Sentiraste máis motivada. Así que colle toda a roupa que tiveres nos armarios, cómodas, caixas... e clasifícaa por tipoloxía, roupa interior, pantalóns, saias, roupa de cama, etc.
Paso 2. Desfaite da roupa que non utilices
Isto é básico e preciso: cómpre reducir e eliminar toda aquela roupa que non empregas. Para conseguilo, fai tres montóns, por exemplo, os pantalóns cos que queres quedar, os pantalóns que queres tirar, e o terceiro montón, cos pantalóns que cres que necesitan darlles unha volta.
Paso 3. Organiza o armario
Tres consellos debes ter claros sobre como ordenar un armario:
- Deseña o teu armario con solucións de interior de armario PAX e os accesorios KOMPLEMENT segundo as que foren as túas preferencias en roupa, es máis de zapatos ou de complementos?
- Deixa a roupa que pos menos en lugares menos accesibles.
- Agrupa a túa roupa en cores, de máis escuro a máis claro.
Paso 4. Axúdate de todos os recursos
Ordenar armarios non sería o mesmo sen as caixas para roupa e as prácticas perchas. Axudaranche a ter toda a túa roupa á vista e en orde. Se te preguntas como gardar os bolsos ou organizar os zapatos, os organizadores de roupa para armario poden ser a solución.
Paso 5. Bótalle man ós caixóns
Emprega os organizadores para as prendas máis pequenas, como roupa interior, separadores para telo todo á vista ou caixas e cestas para os complementos. Contámoscho no vídeo "Caixóns nun chiscar de ollos".

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.