4 consellos para gozar dunha cea en familia

Mesa negra extensible, preparada para un xantar lixeiro e rodeada de cadeiras de comedor.

4 consellos para gozar dunha cea en familia

Despois de todo o día traballando fóra ou dentro da casa, cada un cos seus quefaceres e as súas responsabilidades, chega a hora da cea e o momento en que toda a familia (sexa como sexa a túa) se reúne na mesa. E este, efectivamente, pode ser o mellor ou o peor momento do día en función da vosa actitude e empeño en facer que todo vaia sobre rodas. Só un consello: deixa as frustracións do día a día a un lado, deixa a rutina e goza da túa familia. Estes pequenos momentos son os que nos fan felices na casa, non che parece? Dámosche consellos sinxelos para que goces dunha cea en familia!

1. Fai da cea un momento verdadeiramente importante

A hora da cea é moito máis que sentarse ao redor dunha mesa, comer de xeito "automatizado" e ver a televisión. É o momento do día no que nos reunimos coa xente que máis queremos, así que incluso antes de sentar á mesa, o "ritual" é importante.

E como facelo? Moi sinxelo: involucra todos os membros da familia nos preparativos da cea. Os nenos, por exemplo, poden poñer a mesa ou quitala. Decidide o menú todos xuntos para que logo non haxa enfados. Ou podedes cociñar todos xuntos!

Incluso se esa noite tes convidados ou amigos dos teus pequenos, será tan sinxelo como abrir a túa mesa extensible. Onde caben dous, caben tres!

2. Por que esperar a un día especial para poñer unha mesa especial?

Sentarse nunha mesa que non se puxo con algo de mimo non resulta tan apetecible, non si? Entón pregúntate por que necesitas que sexa un día especial para crear unha mesa especial.

Podedes poñer unha mesa de luxo, do máis acolledora, con apenas uns sinxelos detalles: manteis individuais, panos de mesa estampados, pratos dobres, unha boa ensaladeira... Pequenos cambios para facer a cea un pouco máis formal, pero tamén máis especial e festiva. O noso fogar nútrese de momentos especiais que nós mesmos imos creando no día a día. Animámoste a que probes!

3. Sobremesas que se alongan e se enchen de diversión

Máis alá da típica conversación de como foi o día, tamén é xenial facer plans de futuro que vos motiven, como futuras viaxes, escapadas ou comidas fóra a fin de semana. Isto fai que as conversacións sexan normalmente máis positivas.

Ademais podedes aproveitar a sobremesa para facer algo máis que ver unha película ou unha serie na tele. Que tal botar unhas partidas a algún xogo de mesa ou facer un concurso de música en familia (agora que están tan de moda)? Coa roda LUSTIG e un altofalante Bluetooth ENEBY, ides perder a noción do tempo... Non esquezas deitar os pequechos á súa hora!

4. A tecnoloxía... gardadiña por un anaco!

Pasar toda a cea co móbil ao lado do prato ou cos nenos entretidos coa tableta, quizais non sexa a mellor das opcións. Por iso recomendámosche que gardes durante este tempo que vos dedicades ao día todos eses dispositivos xuntos nun mesmo lugar para evitar tentacións!

Quizais algúns membros da familia non o tomen demasiado ben, pero crenos se che dicimos que este simple xesto pode axudarvos moitísimo a favorecer a comunicación, a relaxarvos máis, a desconectar, a evitar pelexas e enfados innecesarios... Ao principio custa, pero a recompensa é moi pero que moi grande, así que, xa sabes! Móbiles fóra e a gozar da cea en familia hoxe e sempre.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.