Como ordenar os cables e dispositivos no salón
Presentámosche tres sinxelos trucos para que aprendas a ordenar os cables e a organizar todos os teus dispositivos. Volve ter o salón dos teus soños!


O salón é un dos cuartos que máis dispositivos electrónicos ten e toda a casa. E a pesar de que nos encanta a tecnoloxía e as súas comodidades, non podemos evitar querer esconder todos eses cables e aparellos que acaban acompañándoa e, en moitas ocasións, invadíndoa.
A televisión, os mandos, as videoconsolas, os cables das lámpadas, os ladróns para os enchufes… Queres saber como facer que desaparezan? Dámosche uns sinxelos consellos para transformar o teu salón e poñelo todo en orde. Aprende a organizar os cables e aparellos electrónicos do teu fogar e recupera o salón do que namoraches.
Oculta a televisión tras unhas cortinas
Durante anos, a televisión cobrou un importante protagonismo nos salóns das casas. De feito, moitos salóns están deseñados en torno a este dispositivo, restando importancia a outros elementos de peso como o sofá e as cadeiras de brazos, onde poderías reunirte cos amigos e a familia e gozar dun bo rato de conversa, e incluso da mesa, onde ademais de estar en boa compañía, saborearías os teus pratos favoritos.
Se queres evitar esta distracción, podes conseguilo cunhas bonitas cortinas. É tan sinxelo como colocar unha guía e uns paneis de tea como os que che amosamos na foto. E xa estaría! Podes ocultala cando che praza e facer como se non existise. Non esquezas un tecido que che inspire e se integre ben co resto da decoración do salón. Ademais de agochala, darás un toque de cor ao cuarto.
Colga do sofá os obxectos máis pequenos
Agora que aprendemos a poñer orde nun dos dispositivos máis grandes do salón, pasamos aos que, sen dúbida, máis difíciles resultan de gardar e manter organizados: os aparellos pequenos.
Os mandos da tele e de reprodutores de música ou as tabletas sempre acaban esparexidos por toda a sala. O consello principal e máis básico é utilizar os caixóns para gardalo todo, pero se non tes espazo ou prefires ter todas estas cousas á man, podes utilizar uns colgantes de tea para o sofá.
Estes accesorios teñen diferentes petos con tamaños moi variados para que poidas gardar neles o que queiras. Ademais, non só os podes poñer no repousabrazos do sofá, senón que tamén podes colgalos na parede cuns ganchos.
Descubre máis utilidades sobre este produto e outros relacionados na nosa sección de Accesorios para sofá.
Garda os cables e os ladróns
Por último, para que o teu salón quede perfecto, podes organizar os cables que quedan soltos con grampas e bridas especiais. Unha vez os teñas agrupados e co percorrido desexado, tan só quedará o toque final.
Cunha bolsa para cables, como a que che amosamos na foto, poderás agochar definitivamente as alargadeiras nun bonito, discreto e sinxelo accesorio. Que che parece? Quen diría que no seu interior garda un ladrón?
Os cargadores tamén se poden agochar
Os compañeiros indiscutibles dos nosos dispositivos móbiles tamén contan cunha alternativa efectiva para pasar desapercibidos.
Existen algúns organizadores de cables, como o ROMMA de IKEA, que che permiten gardar cables, cables de extensión e enchufes nunha caixa mentres cargan os dispositivos.
Ademais, esta caixa conta cun complemento moi práctico: estamos falando do NORDMÄRKE de IKEA. Trátase dunha base de carga sen fíos, de forma que che permite cargar de forma sinxela o móbil (sempre e cando sexa compatible con este tipo de carga). De feito, pódense cargar ata 4 dispositivos ao mesmo tempo e dispón de 1 porto USB.
Todo nun, crea un complemento perfecto para manter todos os cargadores en orde e ben organizados.
Descubre máis opcións para gardar os cables na nosa sección especial de organizadores de cables.
Se che gustou este artigo e quedaches con ganas de saber máis cousas sobre como ordenar o teu salón, bótalle unha ollada ao noso artigo sobre Como organizar os teus libros no salón.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.