5 formas de montar unha oficina na casa cando tes pouco espazo
Se tes que teletraballar,, pero non contas co espazo suficiente na casa para montar unha oficina como debe ser, ofrecémosche algunhas solucións prácticas para que poidas realizar o teu traballo na mesa do comedor ou en calquera recuncho do salón de xeito eficiente. O mellor de todo é que temos opcións para todos os presupostos! Comecemos polas alternativas máis económicas!
1. Unha oficina con rodas
Moitas mesas de comedor son os espazos máis utilizados na gran maioría de fogares españois. Son o centro das actividades cotiás e non só serven para comer, senón que tamén as utilizan os cativos para facer as tarefas e xogar, e agora, tamén son moitos os adultos que teletraballan dende aquí. Realmente son un lugar perfecto para traballar pola súa amplitude e porque habitualmente están preto dunha luz natural. Porén, teñen a desvantaxe de que tes que recollelas despois de cada actividade para poder realizar outras. Aínda que isto ten unha sinxela solución. Cun carriño auxiliar podes ter preto o teu material de oficina e recoller todo facilmente cando remates a xornada. Por menos de 30 € podes montar a túa oficina en casa nun intre!
Outras opcións son que coloques un arquivador con rodas debaixo da mesa ou un moble de caixóns para que poidas ter todos os teus documentos e material de oficina preto da túa mesa de comedor cando necesites traballar.
Por outra banda, para que teñas un espazo de traballo idóneo na casa (aínda que sexa na mesa do comedor), tamén é importante ter en conta outros tres accesorios: a cadeira, un flexo e o material de oficina. Se non podes conseguir unha cadeira de escritorio, procura que a que escollas teña o respaldo alto e que sexa algo mol, xa que vas pasar moitas horas nela.
Tamén, aínda que teñas a luz do cuarto dunha ventá, recomendámosche ter un flexo preto, para que non forces a vista e poidas dirixir a luz ao ordenador ou lugar de lectura directamente. Así tamén evitarás malas posturas para as costas e cervicais.
Por último, malia que che pareza menos importante, o material de oficina, como arquivadores ou organizadores, axudarache a ter todo en orde e que non perdas tempo a buscar un boli, un caderno ou as túas notas.
Na nosa sección de organizadores de escritorio atoparás unha gran variedade de modelos que se poden adaptar á decoración do teu salón perfectamente. E se non os queres ter á vista, aconsellámosche que deixes un oco nun caixón ou andel do teu moble principal e os teñas nunha caixa alí.
2. Aproveita ata o máis diminuto recuncho
Tes un espazo entre dous mobles ou un recuncho que non sabes como aproveitar? Unha idea é colocar un andel fixado á parede á medida do espazo e algúns estantes abertos para o teu material de oficina. Como xa dixemos, non te esquezas tampouco do flexo e da cadeira de estudo!
3. Un escritorio e un recibidor ao mesmo tempo
Se tes espazos desaproveitados na casa, coma un recuncho debaixo das escaleiras, tamén pode ser un lugar perfecto para colocar o teu escritorio. Tamén pode ser o teu recibidor se está na entrada da casa! Pensa sempre en mobles multifuncionais cando teñas pouco espazo.
4. Un recuncho para teletraballar
A cuarta opción que che propoñemos, pensando en que non tes unha habitación exclusiva para teletraballar e que terás que aproveitar todo o espazo dispoñible na casa: que tal un escritorio de esquina? Seguro que tes algún recuncho así, deses espazos que non sabes como aproveitar. Podes conseguir un taboleiro con esta forma, coma LINNMON, ou optar por un escritorio de esquina, coma MICKE.
5. Un toucador que tamén é un escritorio
É imposible traballar no salón ou o comedor da túa casa? Pois outra opción é que coloques unha pequena mesa no cuarto ou que utilices o espazo do toucador para que a mesa tamén funcione como escritorio.
Se tes algún andel ou estante na habitación, deixa un espazo para arquivadores e caixas nos que poidas colocar o teu material de oficina.
Esperamos que che servisen de axuda estas ideas, e se precisas máis inspiración para montar a túa oficina na casa, bótalle un ollo a estes artigos!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.