Como manter a casa limpa con cans e gatos
Cando temos mascotas na casa, a limpeza convértese en algo aínda máis importante, co fin de evitar esas bolas de pelo rodando polo chan, as manchas no sofá ou os malos cheiros. E é que, aínda que sexan os nosos mellores amigos (que o son!), é normal que os cans e os gatos ensucien un pouquiño o noso fogar: se saen á rúa, se vivimos no campo, na cidade... É lóxico, o importante é ter paciencia e conciencia diaria na limpeza.
Por iso, imos ver como manter a casa limpa con cans e gatos.
1. Fundamental: a hixiene das nosas mascotas
A primeira cousa que ter en conta para manter o fogar limpo é que os nosos cans e gatos estean limpos. Cada canto tempo hai que bañar un can? Máis ou menos cada 4 semanas, pero obviamente teremos que incrementar o baño ou a hixiene se saírmos ao campo, se se meteu no río ou nalgunha poza ou, simplemente, se ensuciou. Os gatos lávanse eles, pero se está moi sucio o non se pode lavar el só por algún problema, non pasa nada por bañalos nós.
Utiliza sempre xampús específicos para as túas mascotas, recomendados polo teu veterinario ou por un experto.
2. Fomenta que usen o seu espazo máis que o teu
Se queres que a túa casa se manteña limpa o maior tempo posible, tamén é fundamental educalos dende cachorros para que non suban á túa cama, ao sofá, a que non apoien as patas no mesado da cociña se son cans grandes... En fin, ese tipo de cousas!
A nosa liña UTSÅDD ten todo tipo de complementos e mobiliario para que eles teñan o seu propio espazo, sen manchar o teu: ata o seu propio mini sofá para gatos ou cans pequenos! Así, quitaraste de andar limpando cada dous por tres o sofá, a cama ou a alfombra.
- Páxina de información do produto
3. Se usan o sofá ou a cama, protexe a zona
Se xa é "demasiado tarde" e o teu can ou gato sobe a durmir enriba do sofá ou da cama, o mellor que podes facer é colocar unha manta ou saba na zona na que adoitan estar. A eles tamén lles gusta sentir e recoñecer esa manta como súa, e volverán sempre a ese oquiño que temos reservado para eles. Deste xeito, evitarás manchas das súas patas (entre outras) ao subires á túa cama ou sofá.
Iso si, tes que sacudir esa manta decotío e lavala semanalmente, así que ten sempre un par para poder alternalas.
4. Limpa acotío os seus xoguetes, cama e correa
Para manter a casa limpa con cans e gatos, cómpre manter limpas todas as súas cousas:
- A cama ou colchoneta na que dormen normalmente se lava á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal. Aínda así, mira sempre as instrucións do fabricante.
- Non uses suavizantes, lixivia nin ningún produto máis aló dun pouquiño de deterxente.
- Os seus xoguetes de plástico, méteos de vez en cando en auga quente cun pouquiño de xabón neutro e déixaos en remollo unhas horas. Despois, acláraos e sécaos ben.
- Os peluches, igual que a cama, á lavadora!
- Limpa todas as súas cousas como mínimo unha vez ao mes: ten en conta que se acumulan pelos, babas e bacterias.
5. Aspirar decotío para manter limpa a casa
Por suposto, para ter unha casa limpa con mascotas, é fundamental pasar a aspiradora ou varrer cada día.Céntrate especialmente nas alfombras: aspíraas ben para eliminar os pelos que se concentran entre os seus pelos e fibras e que poden producir malos cheiros.
Ademais, lembra ventilar decotío durante polo menos 15 minutos ou media hora para eliminar os malos cheiros e deixar o aire circular.
6.Un fogar impecable, e perfumado!
Se fixeches todo o que acabamos de ver, a túa casa non tería por que cheirar mal nin moitísimo menos. Se coidas a hixiene e a limpeza cada día, o teu fogar estará perfecto.
Iso si, sempre é recomendable colocar algunhas candeas aromáticas pola casa, acender incenso de cando en vez, usar ambientadores... Así estará de dez!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.