Como limpar un sofá: trucos para facilitarche a vida
O sofá sempre foi o lugar preferido por todos. E cando dicimos por todos, é por todos: maiores, adultos, nenos e animais de compañía, por suposto! O lugar onde botar unha soneca, xogar e merendar.
Por todo isto é tamén o lugar onde é fácil que a sucidade se amontoe. Unha mancha no sofá! Perante semellante problema hai solucións moi sinxelas de realizar. Por iso, desde IKEA queremos ensinarte como limpar un sofá de tea ou de pel sen morrer no intento.
Como limpar un sofá de pel e de tea nun chiscar de ollos
Dentro da ampla gama de sofás que podemos atopar, é importante que saibas que os hai con fundas que se poden lavar comodamente na lavadora. E esta é a forma máis sinxela, rápida e indolora de limpar un sofá.
Ben, se este non for o teu caso, non te preocupes, contámosche como limpar a tapicería do sofá.
Limpar un sofá de tea en 3 pasos
Os sofás de tela son o lugar preferido de toda a familia, pero tamén do teu can, estamos seguros. Pelos, baballas e restos de lama, talvez? A sucidade apodérase da túa cadeira de brazos ou sofá sen decatarte. Malia a cara de non ter roto un prato do can en cuestión. Perdoámolo!
Ponte mans a obra para limpares o sofá de tea:
- Quítalle o po ó aspirador e aspira o teu sofá sen deixar un centímetro de tea sen aspirar.
- Emprega un limpador de tea de sofá que elimine todo tipo de manchas da tapicería de sofás e coxíns: viño, chocolate e salsa de tomate non se resistirán. Lembra probar antes o limpador nunha pequena zona do sofá para ver se funciona e non altera a cor do teu sofá de tela.
- Frota cun cepillo e deixa que seque.
Xa está, non hai nada máis que debas saber sobre como limpar un sofá de tea. Non ten máis miga. Se ademais de limpalo queres darlle un novo aire ao teu sofá, elixe entre as nosas fundas de sofá de tea. Non o recoñecerá nin o can.
Lembra que se tiveres máis dunha funda para o sofá podes cambialas de cando en cando, non só durante o cambio de tempada, mais tamén namentres as estás a limpar. Deste xeito as dúas durarán máis tempo e o sofá ficará sempre novo.
De certo a familia estará marabillada de volver a sentar na cadeira de brazos de tea e de volver a manchalo en calquera momento.
Limpar un sofá de pel en 3 pasos
Se o teu son os sofás de pel, debes saber que cómpre coidar e mimar a pel. Mais iso non é incompatible con que limpar un sofá de pel sexa bastante doado.
Para limpar o teu sofá de pel e deixalo como novo, sigue estes sinxelos pasos:
- Quita o po do sofá de pel coa axuda dun pano.
- Aplica un limpador sofá pel que ademais conteña unha crema para engraxar. É a opción máis efectiva, prometido!
- Retira o resto de xabón cun pano humedecido con auga e despois aplica a crema para engraxar a pel. Deste xeito evitarás que seque e lucirá máis tempo como o primeiro día.
O dito, agora que xa sabes como limpar un sofá de tea e de pel en só 3 pasos, poderás afirmar que limpar un sofá é máis sinxelo do que crías.