Como limpar os teus mobles de madeira natural
Os nosos mobles de madeira son moi resistentes, pero se queremos que se manteñan perfectos o maior tempo posible, debemos coidalos correctamente. Vamos ver como limpar os mobles de madeira segundo o tipo: piñeiro, carballo, faia, bambú ou mobiliario de exterior. Ademais, regalámosche unha guía básica en .pdf con consellos para todo tipo de mobles de madeira natural. Sigue a ler!

Consellos para limpar e coidar todo tipo de mobles de madeira natural
- A maioría dos mobles de madeira límpanse cun pano seco ou un plumeiro, e pouco máis. Iso si: non uses amoníaco, xa que desgasta a madeira e lle quita brillo.
- Se podes, limpa o po todos os días. Se non, polo menos unha vez á semana.
- Debes limpar sempre no sentido da vea e sen fretar nin rabuñar, cun pano suave.
- Evita expoñelos á luz directa do sol se non queres que perdan a súa cor e o seu brillo.
- Ademais do sol, debes protexelos da humidade se non están tratados para iso. Sécaos canto antes se cae algo de auga sobre a superficie.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.