Saltar

Como limpar as alfombras

Limpar as alfombras non é complicado, pero si require certos coñecementos e algo de atención. Por que? Porque dependerá do material do que estiver feita e da mancha ou da sucidade que queiramos limpar. Como en todos os consellos de limpeza que damos, o máis importante é poñer mil ollos ás instrucións do fabricante que hai na etiqueta. Nela verás o que precisas para limpar a alfombra correctamente.  
 
Se non tiveres unha etiqueta á que recorrer ou queres novos consellos sobre como limpar as alfombras da casa, non perdas de vista estas pautas. 

1. Alfombras de la: guía básica para limpalas 

Sabías que cada alfombra de la é única? Ademais, resisten moi ben a sucidade e o uso, polo que son ideais para o salón ou o dormitorio. Por suposto, non debes lavala á máquina nin empregar lixivia sobre ela. Velaquí tes outros consellos para limpala e tela perfecta: 

  • As alfombras novas de la desprenden peluxe, pero non te preocupes. Simplemente terás que aspirala con máis frecuencia ao principio.  
  • Faino a miúdo, polo menos unha vez á semana, e sempre co accesorio estándar de chan. O mesmo que para o resto da casa, non o rotatorio. 
  • Podes eliminar as manchas secas decontado se fretas con coidado cara ao centro da mancha. 
  • Non fretes as manchas húmidas. É moito mellor absorbelas con papel de cociña e humedecelas cun pano e un limpador suave. 

Ademais, as alfombras de la son moi especiais para nós. Queres saber por que?

2. Alfombras sintéticas: déixaas perfectas 

As alfombras sintéticas teñen algo en común coas de la: necesitan os mesmos coidados que viamos máis arriba. É dicir, que debes aspiralas a miúdo, non lavalas na lavadora, non limpalas con lixivia e seguir as instrucións de lavado de manchas que comentabamos.  

3. Limpar as alfombras de fibras naturais 

As alfombras de fibras naturais tampouco debemos lavalas a máquina, como é lóxico. Se queres eliminar o cheiro a novo tan característico que moitos destes modelos teñen ao principio, airéaas durante unhas horas e despois pásalles o aspirador. Aspíraas e sacúdeas a miúdo para evitar que o po se acumule entre as fibras.  
 
E, se queres unha limpeza un pouco máis a fondo, pasa un pano con auga e xabón ben escorrido pola alfombra, e sécaa con outro seco, con papel de cociña ou aireándoa.  

4. Así se limpa unha alfombra de algodón 

A que ves na imaxe é a nosa alfombra TIPHEDE, fabricada con algodón reciclado. Outro material que nos parece fantástico e que tamén é moi especial para IKEA.  

Isto é o que debes facer se queres saber como limpar unha alfombra de algodón

  • Debemos lavala á máquina a 40 °C como máximo, en tratamento normal. Apenas encolle 5 %. 
  • Non empregar lixivia. 
  • Pasar o ferro a 150 °C como máximo. 
  • O máis recomendable para manter a forma intacta após lavala é colgala para secala. 
  • Aspira e rota a alfombra con regularidade todas semanas, se for posible.  

5. Máis trucos para limpar alfombras 

  • Cando se manche, dá igual de que, o mellor remedio é a rapidez: elimina a mancha decontado.  
  • Normalmente, o mellor é retirar con papel absorbente o líquido sen fretar para evitar que se esparexe
  • Non uses un pano demasiado mollado para acabar coa mancha ou farás que se estenda.  
  • Utiliza un quitamanchas específico de alfombras e sigue as instrucións do fabricante. E, aínda así, próbao antes nunha zona non visible da alfombra para estar seguro de que non se come a cor nin a estraga. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.